
REGALA TEATRO
O agasallo ideal para quen desexa vivir a creatividade desde dentro. Este bono permite canxear a matrícula polo curso que prefiras, con opcións para todas as idades e niveis.

O agasallo ideal para quen desexa vivir a creatividade desde dentro. Este bono permite canxear a matrícula polo curso que prefiras, con opcións para todas as idades e niveis.

O teatro é unha ferramenta fundamental non só para o artista se non para a vida de todas as persoas. Este curso propicia a comunicación e a empatía, e axúdache a expresarche con espontaneidade e plenitude.

O obxectivo destas clases é perfeccionar os coñecementos metodolóxicos na proxección artística, desenvolver as técnicas de actuación e coñecer os aspectos máis relevantes dos diferentes xéneros dramáticos.

Nesta formación, proporcionamos recursos interpretativos centrándonos no desenvolvemento da expresión dunha maneira activa e dinámica, potenciando a sensibilidade, as posibilidades creativas e a capacidade de descubrirse a si mesmo, para expresarse con espontaneidade e plenitude.

Este Obradoiro Literario é unha actividade pensada para todas aquelas persoas ás que lles gusta escribir, que teñan escrito antes ou non, que queiran dedicarse á escrita ou que simplemente a teñan como unha afección, para que poidan mellorar. É unha actividade dirixida a todas as persoas ás que lles gusta a literatura.

Orientado a interpretar de forma crible e segura escenas de acción Descrición Este curso está enfocado á formación de actrices, actores e deportistas que teñan interese en cinema, teatro e televisión. O noso obxectivo é axudar á creación dun personaxe crible de fronte ao espectador á hora de rodar

Servizo de vídeo curto que reflicta a naturalidade do actor e a súa capacidade para adaptarse ás emocións.

O caderno da dramaturga: a orixe das Especies Lázaro é un espazo de encontro e reflexión con Vanesa Sotelo, autora e directora do espectáculo Espécies Lázaro, que a compañía portuguesa Teatro Art’ Imagem presenta o 8 de xullo no marco da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. De carácter virtual, a sesión ofrece a oportunidade de descubrir as claves que inspiraron o proxecto e de profundar na súa estrutura, así como a posibilidade de coñecer as diferentes etapas da súa escritura co obxectivo de analizar de forma conxunta tanto o seu contido como o proceso creativo das persoas participantes.

Dramaturgas Pantasma de Fernando Epelde, entra no universo dos “Escritores pantasma” . Ao longo da sesión, o polifacético dramaturgo, director, actor e músico, desandará o camiño que lle levou a completar dúas dramaturxias contemporáneas opostas, pero que comparten unha xestación de encarga, na que resultaba necesario responder a requirimentos moi específicos. OTHELLO, dirixida por Marta Pazos.

Dickon impartiu un obradoiro práctico sobre a interpretación de Shakespeare e compartirá a súa experiencia de 30 anos como actor.
O obradoiro foi dinámico e interpretativo . Por que interpretativo? Pódese descubrir máis sobre unha persoa nunha hora de actuación que nun ano de conversación”. Platón.

Práctica vocal e pedagoxía do canto. A técnica do Canto non é dunha disciplina estritamente musical, senón ademais, funcional e fisiolóxica, no sentido de que aproveita todas as posibilidades físicas do noso corpo que directa ou indirectamente vincúlanse á produción da voz.

Un curso para descubrir a potencialidade peculiar de cada voz e desenvolver o sentido perceptivo e as capacidades musicais, rítmicas, interpretativas e expresivas do alumnado.

Un taller que persegue espertar a creatividade a través de exemplos artísticos do mundo actual, motivando a reinterpretación persoal e descubrindo novas estratexias de comunicación. Pintura, escultura, modelado e gravado, introducen a expresión pictórica e espacial como parte das competencias básicas da aprendizaxe.

Este curso está especialmente deseñado para que os máis pequenos tamén poidan introducirse neste mundo máxico, desfrutalo, usar a súa imaxinación e á vez, aprender a desenvolver as súas aptitudes artísticas. E aínda máis importante: non necesitan saber debuxar, só é necesario ter ganas de divertirse.

O curso está destinado a ensinar todas as posibilidades que debemos coñecer para a creación das nosas historias (creación de personaxes, movemento, expresións, guión, etc). As clases serán con intérprete, que estará no desenvolvemento de todas as sesións.

O curso ten como obxectivo xeral capacitar ao alumno para realizar tomas fotográficas dixitais, entender o proceso fotográfico e realizar prácticas en diferentes temas fotográficos, así como a iniciación na aprendizaxe da linguaxe visual, adentrándose no estudo dos grandes mestres da fotografía.
Gústanche as artes escénicas, interésanche os seus múltiples aspectos e tamén outras disciplinas creativas relacionadas, porque as artes e as persoas creativas non teñen fronteiras. Por iso ás veces é difícil decidir cal é a formación que agora mesmo che convén…
Cal é o teu perfil creativo?
Asesorámosche sen compromiso
Praza Francisco Fernández del Riego
Núm. 3 (rúa traseira) - Local 5 C
36203 - VIGO
Responsable » Imaxinatea Lab Creativo
Finalidade » contactar contigo tal e como solicitas
Lexitimación » teu consentimento
Dereitos » tes dereito, entre outros, a acceder, rectificar, limitar e suprimir os teus datos.
Información adicional: Na páxina de Privacidade de www.imaxinatea.es, atoparás información adicional sobre a recopilación e o uso da túa información persoal, incluída información sobre acceso, conservación, rectificación, eliminación, seguridade, e outros temas.
Te responderemos a la mayor brevedad.
Y solo usaremos tus datos para atender a tu solicitud de información, pero si te interesan nuestras actividades y quieres mantener el contacto, puedes suscribirte al boletín.
Hasta pronto!