INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA ARTÍSTICA

PRESENCIAL E EN LIÑA

MODALIDADE: Presencial e en liña.

Todas as sesións serán retransmitidas en streaming en vivo e todo o alumnado poderá intervir desde calquera parte do mundo.

DURACIÓN: Ata o 30 de xuño do 2021

GRUPOS E HORARIOS: 

  • Clase semanal individual en liña (1 hora): horario a consensuar
  • Clase semanal grupal en liña (grupos de 2 persoas): xoves de 20:30 a 22:00
  • Clase semanal grupal en liña: (grupos de 3 a 8 persoas): sábados de 10:00 a 11:30

PREZOS: Escolle a túa forma de pago

Descrición

O curso ten como obxectivo xeral capacitar ao alumno para realizar tomas fotográficas dixitais, entender o proceso fotográfico e realizar prácticas en diferentes temas fotográficos, así como a iniciación na aprendizaxe da linguaxe visual, penetrándose no estudo dos grandes mestres da fotografía

Obxectivos específicos

  • Coñecer a linguaxe visual da imaxe.
  • Coñecer os fundamentos da fotografía.
  • Coñecer os referentes fotográficos da historia da fotografía.
  • Coñecer a cámara fotográfica e as súas funcións básicas.
  • Coñecer os diferentes xéneros e estilos fotográficos.
  • Aprender os conceptos básicos de iluminación.
  • Coñecer os aspectos básicos da cor na fotografía.
  • Coñecer e utilizar os modos de exposición para obter unha imaxe correcta.
  • Coñecer e utilizar as regras de composición, a distancia focal e encadre.
  • Aprender a utilizar o diafragma para controlar a profundidade de campo.
  • Coñecer os aspectos básicos do tratamento dixital de imaxes.
  • Coñecer os aspectos da realización dun proxecto fotográfico.

Metodoloxía

O curso constará de sesións teórico-prácticas dunha hora e media de duración onde se traballarán os diferentes contidos do curso.

O alumnado elaborará un proxecto fotográfico que presentará na última sesión.

Material necesario

É recomendable que os alumnos dispoñan dunha cámara réflex dixital.

Profesora

PATRICIA FERNÁNDEZ

Experta Universitaria en fotografía profesional aplicada Universidade Miguel Hernández (Elche)

Realización de cinema dixital EFTI (Madrid)

Máster en Dirección de Arte Publicitaria – Universidade de Vigo

CAP curso de Aptitude Pedagóxica – Universidade de Vigo

COMPARTIR É VIVIR!

CURSOS RELACIONADOS

CURSO PRESENCIAL

PINTURA E DEBUXO PARA ADULTOS E MOZOS

Un taller que persegue espertar a creatividade a través de exemplos artísticos do mundo actual, motivando a reinterpretación persoal e descubrindo novas estratexias de comunicación. Pintura, escultura, modelado e gravado, introducen a expresión pictórica e espacial como parte das competencias básicas da aprendizaxe.

Ler Máis >>
CURSO ONLINE

CURSO DE CÓMIC PARA NENOS E NENAS EN LIÑA

Este curso está especialmente deseñado para que os máis pequenos tamén poidan introducirse neste mundo máxico, desfrutalo, usar a súa imaxinación e á vez, aprender a desenvolver as súas aptitudes artísticas. E aínda máis importante: non necesitan saber debuxar, só é necesario ter ganas de divertirse.

Ler Máis >>

E quizá pódeche interesar

CURSO ONLINE

OBRADOIRO PRE-GRAVADO: WORKSHOP ON PERFORMING BY DICKON TYRRELL

Dickon impartiu un obradoiro práctico sobre a interpretación de Shakespeare e compartirá a súa experiencia de 30 anos como actor.
O obradoiro foi dinámico e interpretativo . Por que interpretativo? Pódese descubrir máis sobre unha persoa nunha hora de actuación que nun ano de conversación”. Platón.

Ler Máis >>
CURSO PRESENCIAL

FORMACIÓN TEATRAL AVANZADA

O obxectivo destas clases é perfeccionar os coñecementos metodolóxicos na proxección artística, desenvolver as técnicas de actuación e coñecer os aspectos máis relevantes dos diferentes xéneros dramáticos.

Ler Máis >>

Gracias por tu interés

Te responderemos a la mayor brevedad.

Y solo usaremos tus datos para atender a tu solicitud de información, pero si te interesan nuestras actividades y quieres mantener el contacto, puedes suscribirte al boletín.

Hasta pronto!

Abrir chat
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?