PINTURA E DEBUXO PARA ADULTOS E MOZOS
Comunicación e expresión mediante a pintura
Modalidade presencial
Un taller que persegue espertar a creatividade a través de exemplos artísticos do mundo actual e motivar cara á reinterpretación persoal, descubrindo a través da experiencia plástica novas estratexias de comunicación. Os talleres de pintura, escultura, modelado e gravado, introducen a expresión pictórica e espacial como forma de comunicación non exclusiva do ámbito artístico unicamente, senón parte das competencias básicas da aprendizaxe.
O obxectivo máis preciso das clases é a procura da produción de algo íntimo e persoal a través do proxecto artístico. Pode ser unha experiencia liberadora, tanto para aqueles que empezan, como para os que desexan perfeccionar.
O proceso creativo, desenvolto nos talleres, integrará:
- Flexibilidade e diversidade á hora de entender as ideas
- Reflexión e valoración dos posibles métodos a utilizar
- Autonomía para atopar unha resposta personalizada
- Mirada crítica da contorna e das nosas propostas
Temporalización
Organizarase en 1 sesión dunha hora no período comprendido entre outubro e xuño
Obxectivos Xerais
Podemos destacar:
- Coñecer e aplicar distintos procedementos/técnicas da pintura (debuxo, modelado, etc).
- Recoñecer diversos materiais e medios de expresión artística e aprender a utilizalos axeitadamente.
- Espertar e dinamizar a imaxinación e a creatividade.
- Potenciar a expresión conceptual e emocional a través de procedementos plásticos.
- Reflexionar e analizar o mundo visual que nos rodea, potenciando as nosas sensibilidades.
- Desenvolver a coordinación visual e manual.
- Aprender a desenvolver rutinas e consolidar determinados hábitos como a orde, a limpeza e conservación de ferramentas de traballo e de materiais, o que nos levará tamén a saber dar valor ás cousas.
- Descubrir a satisfacción dun lecer compartido, respectando o traballo dos compañeiros e colaborando nos proxectos grupais do taller.
Obxectivos Específicos
Co desenvolvemento de cada actividade no taller, pretenderanse alcanzar diversos obxectivos máis concretos e relacionados coas experiencias que se realizan en cada sesión:
- Desenvolver e potenciar a estíma de si mesmo e a capacidade de expresión a través da experimentación e expresión plástica.
- Espertar a creatividade, a imaxinación, o gusto pola estética e o espírito de superación, a través da imaxinación e desenvolvemento das ideas.
- Incrementar a percepción visual e destreza manual, mediante a observación.
- Gozar manipulando e practicando con materiais novos e diversos, coñecendo as novas posibilidades que se nos presentan e as súas propiedades expresivas.
- Interpretar e valorar as creacións persoais e as dos compañeiros cunha actitude crítica e respectuosa, co fin de seguir avanzando motivándonos.
- Sentir curiosidade por descubrir e reinterpretar elementos da nosa contorna próxima.
- Espertar a conciencia de hábitos e usos responsables de recursos e materiais de reciclaxe, explorando as posibilidades artísticas de obxectos e materiais de uso cotián.
Contidos
- Desenvolvemento da formación artística-plástica a través do debuxo e a pintura das representacións de formas e estruturas bidimensionais e tridimensionais. Aplicación práctica das técnicas básicas de Debuxo e Pintura aprendidas con anterioridade. Desenvolvemento dun proxecto(s) específico propio de creación artística.
- Estudos avanzados do natural desde distintos conceptos de valoración gráfica e pictórica do modelo, obxecto ou concepto: claro-escuro, liña, cor, etc.
- A idea de realidade. O imaxinario e o representado; o corpo; metáforas do corpo.
- A idea de estratexia e procesos. Referencias, fontes, documentación, plan a trazar, modelos de actuación.
- Estratexias de debuxo. Problemas técnicos, materiais, medios tradicionais e novos medios; o apuntamento, o bosquexo, o estudo, o proxecto, etc.
- Compoñentes e medios básicos nas imaxes pictóricas.
- Referencia, correspondencia e interrelación dos elementos plásticos.
- Criterios e recursos para a conformación de propostas pictóricas complexas.
- Ámbitos da representación, experimentación, transformación e invención.
Metodoloxía
Durante o curso poderanse desenvolver algunhas das actividades, prácticas ou proxectos seguintes, ou outras de obxectivos ou natureza similares:
- Proxectos de debuxo e pintura que se irán realizando co seguimento e asesoramento personalizado da profesora derivados de:
- Aproximación teórica con presentación de referentes ao tema proposto.
- Lecturas e comentario de textos.
- Visionado de películas.
- Visitas a exposicións (individual e en grupo).
- As sesións desenvolveranse dentro e fóra da aula, conquistando outros espazos, adaptándose á natureza dos proxectos.
- Exposición final colectiva nalgún espazo por definir.
- Aula expandida: creación dun blog colectivo para compartir tanto o proceso dos proxectos propostos como todas as actividades que viran ao redor dos mesmos. Servirá de galería virtual para mostrar os traballos que se vaian realizando.
- Presentacións colectivas e públicas en clase dos proxectos realizados.
- Datas: De outubro de 2021 ata xuño de 2022
- Horario: Luns de 10:00 a 11:00, de 11:00 a 12:00, de 18:00 a 19:00 e de 19:00 a 20:00 (segundo idade)
- Lugar: Imaxinatea Lab Creativo. Praza Francisco Fernández del Riego, nº 3 local 5 C. 36203 VIGO
- Perfil alumnado: A partir dos 12 anos
- Profesor:
- Prazas: Grupos reducidos
- Inscrición: Aberta
- Información: 986 120 024 - 685 852 015, ou a través do correo electrónico contacto@imaxinatea.es
- Prezo: Matrícula: 40 € / Mensualidade: 44 €