A sala escénica é moderna, elegante e agradable.
Está insonorizada e electrificada para funcionar como caixa escénica negra.
Ten un aforo de 25 prazas, con todo, pódese utilizar para traballos cun uso do espazo non convencional, pois se pode distribuír aos espectadores segundo a necesidade, xogar cos aforos e posicionar os focos teatrais de tecnoloxía led “Cop spot”, segundo o concepto do espectáculo.
O espazo conta tamén con equipo de son portátil e wifi.
A súa versatilidade, permitelle converterse nun espazo perfecto para o traballo corporal e actoral, pois conta con tarima flotante e espellos.