FORMACIÓN TEATRO MUSICAL

DESCRICIÓN DO PROXECTO

Este obradoiro constituirase como un laboratorio de creación e integración artística destinado para actrices, actores, cantantes, con formación básica ou avanzada que desexe profundizar no xénero do teatro musical. Non se concibe como unha materia illada, senón como un complemento que procurará a unificación orgánica da interpretación actoral, o canto e a danza.

O obradoiro dirixirase a alumnos e alumnas a partir de 15 anos, o que permitirá abordar contidos de maior complexidade técnica e emocional, fomentando o desenvolvemento dun elenco sólido capaz de enfrontar os retos dunha posta en escena profesionalizada.

OBXECTIVOS

  • Integración Interdisciplinar: Lograrase que o alumno asimile a interpretación, o traballo vocal e o movemento rítmico como un todo inseparable na acción escénica.
  • Desenvolvemento da “Actuación Orgánica”: Aplicaranse os principios de Stanislavski (o “Si máxico” e as accións físicas) ao texto cantado e coreografiado, evitando a execución mecánica.
  • Perfeccionamento da Técnica Vocal: Adquiriranse hábitos saudables de apoio diafragmático, proxección e dicción aplicados especificamente ao canto teatral.
  • Conciencia Corporal e Rítmica: Utilizarase a danza como unha ferramenta narrativa e expresiva, adaptando o movemento á construción do personaxe.
  • Traballo de Elenco: Fomentarase a responsabilidade colectiva e o empaste artístico necesario para as producións musicais.

CONTIDOS

Os contidos estruturaranse en tres áreas que converxerán na práctica escénica:

  • Interpretación e Canto:

    • Técnica Vocal: Respiración, apoio e resonancia. Adestramento vocal individualizado e coral.
    • Interpretación da Canción: Análise do subtexto nas letras e a liña de acción continua do personaxe mentres canta.
    • Dicción e Ortofonía: A claridade articulada como base da comunicación no musical.
  • Movemento e Danza para Actores/Actrices:

    • Expresión Rítmica: O pulso, o tempo e a musicalidade do movemento orgánico.
    • Coreografía Narrativa: Creación de diálogos corporais e movemento a partir de situacións dramáticas.
    • Presenza Escénica: Control da quinesfera e o espazo total en relación co elenco.
  • Laboratorio de Posta en Escena:

    • Análise de Repertorio: Estudo de escenas e números de obras fundamentais do xénero.
    • Montaxe de Escenas: Proceso de ensaios integrando luz, son e elementos escenográficos.

METODOLOXÍA

A metodoloxía de IMAXINATEA será activa, participativa e baseada en proxectos :

  1. Entrenamento Integrado: As sesións non separarán as disciplinas, senón que se traballarán de forma simultánea para que o alumnado aprenda a transitar do fala ao canto e do xesto ao baile de xeito fluído.
  2. Aprendizaxe pola Acción: Recrearanse situacións próximas á realidade dunha montaxe profesional, utilizando o ensaio como a principal ferramenta de consolidación de coñecementos.
  3. Seguimento Personalizado: Ao estar o alumnado matriculado en cursos regulares (Básico ou Avanzado), o profesorado actuará como guía-orientador para potenciar as capacidades particulares de cada un.
  4. Mostra Final: O proceso culminará nunha representación pública que funcionará como exercicio de síntese técnica, onde se verificará a asimilación da actuación orgánica nun formato de gran impacto escénico.

Docente

Juanjo Cura

Juanjo Cura conta cunha ampla traxectoria como cantante, director coral e orquestral, arranxista, compositor, produtor musical e docente.

É profesor de Filosofía, Psicoloxía e Ciencias da Educación, e desenvolveu un amplo labor pedagóxico e artístico.

Ao longo da súa traxectoria participou en recitais e concertos en diferentes países, entre eles Arxentina, España, Italia, Brasil e Alemaña.

As súas composicións e arranxos instrumentais e corais son interpretados por diferentes agrupacións. Na actualidade dirixe varias formacións corais na provincia de Pontevedra, imparte formación vocal e desenvolve cursos de técnica vocal dirixidos a cantantes e coros.

Tamén conta con experiencia como actor de dobraxe.

 
 
 

Docente

Brais Pombo

Actor, performer e músico cunha traxectoria centrada na investigación do corpo, o movemento e a creación escénica. Formouse en Interpretación Xestual na ESAD de Galicia e ampliou os seus estudos na Janáček Academy of Music and Performing Arts de Brno, na República Checa, onde afondou en diferentes metodoloxías de danza, teatro físico e creación contemporánea. En 2022 foi galardoado co Premio Fin de Carreira de Arte Dramática da Xunta de Galicia.

A súa práctica artística desenvólvese na intersección entre a danza contemporánea, a performance e o teatro físico. Recentemente participou no proxecto Do outro lado, seleccionado nas Residencias Escora Danza 2025 e nas Residencias Paraíso 2024, xunto ao artista visual Fran Rodríguez Casal, explorando a relación entre corpo, espazo e memoria.

Forma parte da compañía de teatro físico Mevadeus, coa que desenvolve propostas baseadas na creación corporal e colectiva. En 2022 recibiu unha bolsa para realizar prácticas como performer na compañía belga Troubleyn / Jan Fabre, onde afondou en técnicas de adestramento físico e composición escénica.

No ámbito internacional participou no espectáculo When are we?, presentado no Buran Teatr, na República Checa, e no proxecto de danza contemporánea Masks, dirixido pola coreógrafa Uršula Teržan. Anteriormente formou parte da performance 532 Pulsacións, de Marta Fernández Calvo, presentada no Museo de Arte Contemporánea de Vigo, unha experiencia centrada na presenza, na acción e na relación co público.

 
 
 

Docente

Antonia Céspedes

Profesora de Interpretación

Máster en Artes Escénicas pola Universidade de Vigo, na especialidade de Pedagoxía Teatral, e titulada en Interpretación pola Escola de Arte Dramática de Cantabria. Desde 1994 desenvolve o seu labor como profesora de Interpretación e Expresión Corporal, acumulando máis de trinta anos de experiencia na formación de actores e actrices, na dirección escénica e na creación de proxectos teatrais.

Dirixe Imaxinatea Lab Creativo, onde coordina e desenvolve diferentes programas de formación en artes escénicas dirixidos ao público infantil, xuvenil e adulto.

Conta con experiencia na dirección escénica de espectáculos musicais, traballando a construción de personaxes, a dramaturxia, a posta en escena e a integración da interpretación, o canto e o movemento. Ao longo da súa traxectoria dirixiu diferentes montaxes nas que a música forma parte esencial da acción dramática.

A súa experiencia artística compleméntase cunha ampla traxectoria musical. É integrante do Vigo Gospel Choir, formación coa que participou en numerosos concertos baixo a dirección de Rebeca Rods. Como membro do coro, colaborou na xira «Rock & Ríos 40 Aniversario» de Miguel Ríos.

Ademais, formou parte durante os últimos oito anos de Tremebanda, formación coa que participou como vocalista na gravación e presentación do álbum de produción propia «Fusión», así como en numerosos concertos en directo, ampliando a súa experiencia en interpretación vocal e traballo escénico.

Na Formación de Teatro Musical será a responsable da área de Interpretación, traballando a construción do personaxe, a expresividade corporal, a presenza sobre o escenario e a integración da interpretación, a voz e o movemento, para que o canto forme parte da acción dramática.

COMPARTIR É VIVIR!

CURSOS RELACIONADOS

CURSO PRESENCIAL

FORMACIÓN TEATRAL AVANZADA

O obxectivo destas clases é perfeccionar os coñecementos metodolóxicos na proxección artística, desenvolver as técnicas de actuación e coñecer os aspectos máis relevantes dos diferentes xéneros dramáticos.

Ler Máis >>
CURSO PRESENCIAL

FORMACIÓN TEATRAL PARA NENOS E NENAS

Nesta formación, proporcionamos recursos interpretativos centrándonos no desenvolvemento da expresión dunha maneira activa e dinámica, potenciando a sensibilidade, as posibilidades creativas e a capacidade de descubrirse a si mesmo, para expresarse con espontaneidade e plenitude.

Ler Máis >>

E quizá pódeche interesar

CURSO ONLINE

OBRADOIRO PRE-GRAVADO: “O CADERNO DA DRAMATURGA, A ORIXE DAS ESPECIES LÁZARO”

O caderno da dramaturga: a orixe das Especies Lázaro é un espazo de encontro e reflexión con Vanesa Sotelo, autora e directora do espectáculo Espécies Lázaro, que a compañía portuguesa Teatro Art’ Imagem presenta o 8 de xullo no marco da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. De carácter virtual, a sesión ofrece a oportunidade de descubrir as claves que inspiraron o proxecto e de profundar na súa estrutura, así como a posibilidade de coñecer as diferentes etapas da súa escritura co obxectivo de analizar de forma conxunta tanto o seu contido como o proceso creativo das persoas participantes.

Ler Máis >>
CURSO ONLINE

OBRADOIRO PRE-GRAVADO: WORKSHOP ON PERFORMING BY DICKON TYRRELL

Dickon impartiu un obradoiro práctico sobre a interpretación de Shakespeare e compartirá a súa experiencia de 30 anos como actor.
O obradoiro foi dinámico e interpretativo . Por que interpretativo? Pódese descubrir máis sobre unha persoa nunha hora de actuación que nun ano de conversación”. Platón.

Ler Máis >>

Gracias por tu interés

Te responderemos a la mayor brevedad.

Y solo usaremos tus datos para atender a tu solicitud de información, pero si te interesan nuestras actividades y quieres mantener el contacto, puedes suscribirte al boletín.

Hasta pronto!

Abrir chat
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?