Saltar ao contido

Política de cookies

Última actualización: 20 de outubro de 2026.

Que son as cookies?

As cookies son pequenos arquivos que unha web garda no teu navegador para lembrar información sobre a túa visita. Algunhas son imprescindibles para que a web funcione; outras serven para medir as visitas ou para amosar vídeos e mapas doutras empresas, e esas só se usan se as aceptas.

Quen é o responsable

IMAXINERIA SL (Imaxinatea Lab Creativo), NIF B36914372, contacto@imaxinatea.es.

Como decides que cookies se usan

A primeira vez que entras na web aparece un aviso con tres opcións: Aceptar todo, Rexeitar todo e Personalizar. Ata que escolles, só funcionan as cookies necesarias. Podes cambiar a túa elección en calquera momento desde Configurar cookies (tamén no pé da web). A túa decisión gárdase durante 12 meses.

Cookies que usamos

Necesarias (non requiren consentimento)

CookieDe quenPara queDuración
cookieyes-consentimaxinatea.es (CookieYes)Lembrar a túa elección sobre as cookies.1 ano
pll_languageimaxinatea.es (Polylang)Lembrar o idioma (galego ou castelán).1 ano
woocommerce_cart_hash, woocommerce_items_in_cart, wp_woocommerce_session_*imaxinatea.es (WooCommerce)Manter o carriño e o proceso de matrícula.Sesión / 2 días
wordpress_logged_in_*, wordpress_sec_*, wordpress_test_cookieimaxinatea.es (WordPress)Manter a sesión en A miña conta.Sesión / 14 días se marcas «Lémbrame»

Analíticas (só se as aceptas)

CookieDe quenPara queDuración
_ga, _ga_*Google Analytics (Google Ireland Ltd.), a través de Google Tag ManagerSaber cantas persoas visitan a web e que páxinas consultan, de forma estatística.2 anos

Google pode tratar estes datos nos Estados Unidos, ao abeiro do Marco de Privacidade de Datos UE-EUA. Máis información na política de privacidade de Google.

Contido externo (só se o aceptas)

CookieDe quenPara queDuración
YSC, VISITOR_INFO1_LIVE, __Secure-YNIDYouTube (Google)Reproducir os vídeos de YouTube inseridos na web (en «modo de privacidade mellorada»).Sesión – 6 meses
NIDGoogle Maps (Google)Amosar o mapa da páxina de contacto.6 meses

Mentres non aceptes o contido externo, no lugar dos vídeos e do mapa verás un aviso cun botón para activalos.

Como borrar ou bloquear as cookies no navegador

Ademais do aviso da web, podes borrar ou bloquear as cookies desde a configuración do teu navegador: Chrome, Firefox, Safari, Edge. Se bloqueas as necesarias, algunhas partes da web (carriño, A miña conta) poden non funcionar.

Máis información

Os dereitos sobre os teus datos explícanse na política de privacidade. Se cambiamos as cookies que usamos, actualizaremos esta páxina e volveremos pedirche o consentimento cando sexa necesario.