FORMACIÓN TEATRAL AVANZADA

Xéneros e tendencias teatrais

Nos cursos de Teatro Avanzado , para mozos e adultos, profundamos nos principios e fundamentos que permiten utilizar correctamente o seu corpo e a voz, en función dunha linguaxe non realista e realista a través do traballo en diferentes xéneros e tendencias teatrais.

Temporalización

Cada obradoiro desenvolverase nunha única sesión semanal dunha hora e media no período outubro-xuño.

Obxectivos xerais

  • Perfeccionar os coñecementos e hábitos metodolóxicos na proxección artística.
  • Desenvolver as capacidades, hábitos e habilidades encamiñadas ao dominio das técnicas de actuación e as súas posibilidades creadoras.
  • Coñecer os aspectos máis relevantes dos diferentes xéneros dramáticos.
  • Potenciar a cohesión de grupo.

Obxectivos específicos

  • Mellorar a presenza escénica do actor.
  • Dotar ao alumno de recursos corporais e vocais para que poida trasladalos a escena.
  • Mellorar a dicción do actor.
  • Traballar os focos de expresión corporais e vocais.
  • Mellorar as capacidades de memorización de textos dos alumnos.
  • Potenciar a capacidade creadora.
  • Traballar a escoita en escena.
  • Traballar con ruptura da cuarta parede.

Contidos Formación Teatral Avanzada:

RECURSOS INTERPRETATIVOS

  • Elementos dramáticos
  • Creación de personaxes
  • Improvisacións: individuais e colectivas
  • Musicalidade en escena
  • Espontaneidade corporal
  • Espazo: crear e modificar espazos dramáticos

EXPRESIÓN CORPORAL-RÍTMICA E VOCAL

O CORPO

  • Motores corporais
  • Traballo cos elementos
  • Traballo de animalización
  • Xogos de expresión
  • O xesto
  • Traballo co espazo e no espazo
  • Traballo de ritmo, equilibrio e coordinación

A VOZ

  • Dicción
  • Liña melódica
  • Intensidade
  • Ton
  • Timbre
  • Axuste da voz aos significados
  • Caracterización dos personaxes pola voz
  • Os coidados da voz

PRÁCTICA ESCÉNICA

  • O texto: selección, comentario, análise e creación
  • A partitura: creación e interpretación dunha partitura corporal, rítmica e vocal
  • Análise das linguaxes dramáticas contorna ao texto e elementos de significación
  • Contexto histórico
  • Temática
  • Equipos de traballo
  • Planificación e realización dos ensaios
  • A representación

Contidos Formación Teatral Avanzada II:

Esta formación está dirixida a todas aquelas persoas que teñan experiencia en teatro, xa sexa como estudante sen experiencia nas táboas, como actores amateurs que buscan unha nova especialidade para aumentar o seu perfil técnico.

Primeiro trimestre

ACHEGAMENTO AO NOSO PROPIO CLOWN

Metodoloxía:

Na procura do propio clown atopamos o lado cómico dun mesmo e descubrimos que unha debilidade persoal convértese en forza teatral.
Non nos metemos na pel dun personaxe senón que descubrimos a parte clownesca que habita en nós.
Canto máis se deixe sorprender o actor polas súas propias debilidades con máis forza
aparecerá o seu clown.
Investigaremos que é o que nos fai tanta graza do clown, desde onde o buscamos, como é a súa ollada, o seu camiñar, a súa voz, traballando coa máscara máis pequena do mundo (o nariz vermello).
O taller é unha proposta de xogo e investigación onde nos achegaremos ao clown, ao seu imaxinario, a súa maneira única de resolver conflitos, a súa enerxía, a súa necesidade de comunicación.

– Procura individual do noso clown
• Ollada
• Autenticidade, sinceridade e espontaneidade
• Emocións
• Dualidades
• Linguaxe

– Improvisacións colectivas
• Escoita en escena
• Xenerosidade co compañeiro
• Complicidade e comunicación co público

“Curso de clown/adestramento actoral”

A comedia non se aprende: adéstrase. Hai que adestrar en captar a atención do público, na técnica de máscara, na precisión do gag, na xenerosidade co compañeiro. O adestramento proporcionará recursos para manter unha actitude aberta e dispoñible para calqeura tipo de personaxe.

A interpretación é un xogo no que debemos encontrar pracer. Mesmo se traballamos para un teatro serio, hai algo que debería estar terminantemente prohibido: que os nosos personaxes resulten… aburridos.

Como din os adestradores deportivos diante de partidos de máxima transcendencia: Sal e divírtete!

Adestramento Actoral/“Interpretación da comedia”

Segundo trimestre (marzo-xuño)

Non hai dous actores/actrices cómicos/as iguales. Interpretar a comedia, e obradoiro de interpretación teatral, no que se fará primeiramente un percorrido polos diferentes estilos e as diferentes técnicas do xénero cómico, co obxectivo final, da creación e representación nunha sala teatral ao remate do curso, dun espectáculo de comedia.

Obxectivos xerais

  • Desenvolvemento na interpretación actoral no xénero cómico.
  • Coñecer os distintos estilos de comedia e practicar as técnicas propias de cadaestilo de comedia.
  • Atopar a propia comicidade.
  • Montaxe dun espectáculo de xénero cómico para representar nunha sala teatral ao final do curso.

Contidos

  • Definición, orixe e desenvolvemento da comedia.
  • A comedia física: Facer rir co corpo.Técnicas básicas.
  • A comedia textual. Facer rir coas palabras.
  • Tempo e ritmo da comedia.
  • Os proceso de montaxe dun espectáculo de xénero cómico, para representar nunha sala teatral ao final do curso.

Metodoloxía:

As sesións serán de 1,5 horas de duración.
O curso é eminentemente práctico. Cada sesión comezará cun breve quecemento e na primeira parte do curso desenvolveranse exercicios e xogos teatrais destinados a traballar a desinhibición e cohesión grupal e desenvolver a imaxinación.

A segunda parte de cada sesión estará dedicada ao traballo práctico nun estilo cómico específico, a través dunha montaxe teatral.

O curso aspira a que cada alumno/para atope o seu propio ser cómico. Explotar os propios recursos e adquirir as ferramentas básicas propias do actor/actriz cómico/a.

Todos os alumnos deben traer:

Roupa de traballo cómoda: mallas, chándal ou similares, zapatillas flexibles ou calcetíns antiescorregadizos.

DOCENTE

Anna Cañadillas 

FORMACIÓN EN ARTES ESCÉNICAS
Pedagoxía teatral na escola Studis de Teatre (pedagoxía de Jacques Lecoq).
Interpretación nas escolas Studis de Teatre; teatro xestual, traballo con diferentes máscaras (neutra, larvaria, expresiva, Commedia da arte).
Cursos e monográficos
Workshop en artes escénicas co mestre Yoshi Oida na Universidade de Lisboa.
A conspiración de Butohclown con Moshe Cohen no festiclown. 
A metamorfose no teatro de xesto con profesores da Escola Internacional Total Noveau Colombier. 
 
EXPERIENCIA ARTÍSTICA PROFESIONAL
Público adulto
2014-2016 – “Contos chineses” da compañía Madialeva Teatro, espectáculo xestual e de obxectos, de creación propia, presentado en diferentes salas e festivais de Vigo. 2012-2014 – “Cabaret de Titán”, espectáculo de variedades, de creación colectiva, por capítulos. Representado en diferentes cafés- teatro, en Vigo, Cangas e Coruña. 2007 – “Hotel SwingSisestrelles” espectáculo de pantomima musical, presentado no teatro LLantiol de Barcelona.
2003 – “Naumon” espectáculo de rúa da Fura dels Baus.
 
Público infantil
Novembro de 2019 –  “Lixo”, espectáculo sobre a reciclaxe, estrea no Auditorio Daniel Castelao de Moaña.
2016 – “Estrazalonia”, espectáculo para bebés.
2014 –  “TilinTilonia” , espectáculo para bebés
2014 –  “Menú vexetal” de Paula Carballeira, dirixida e producida por Producións Artísticas, estrea no Concello de Vigo.

DOCENTE

Jimmy Núñez

Actor, profesor de teatro e xestor cultural.
Graduado en Arte Dramático pola ESAD de Galicia en 2016 e conta cun posgrao en xestión cultural. Traballa en audiovisual en teatro.
No eido teatral traballa ata a actualidade en compañías galegas e portuguesas, labor que combina levando proxectos pedagóxicos para cativos e adultos na zona de Vigo e bisbarra.
Imparte aulas de teatro diferentes entidades.

COMPARTIR É VIVIR!

CURSOS RELACIONADOS

CURSO PRESENCIAL

FORMACIÓN TEATRAL PARA NENOS E NENAS

Nesta formación, proporcionamos recursos interpretativos centrándonos no desenvolvemento da expresión dunha maneira activa e dinámica, potenciando a sensibilidade, as posibilidades creativas e a capacidade de descubrirse a si mesmo, para expresarse con espontaneidade e plenitude.

Ler Máis >>
CURSO PRESENCIAL

CORO E CANTO PARA ACTORES E ACTRICES

O Coro de Actores e Actrices une voz, canto coral e interpretación escénica nunha experiencia colectiva.

Un espazo para explorar a voz, o corpo, a emoción e o traballo en grupo, sen necesidade de experiencia coral previa.

Ler Máis >>

E quizá pódeche interesar

CURSO ONLINE

OBRADOIRO PRE-GRAVADO: DRAMATURGAS PANTASMA POR FERNANDO EPELDE

Dramaturgas Pantasma de Fernando Epelde, entra no universo dos “Escritores pantasma” . Ao longo da sesión, o polifacético dramaturgo, director, actor e músico, desandará o camiño que lle levou a completar dúas dramaturxias contemporáneas opostas, pero que comparten unha xestación de encarga, na que resultaba necesario responder a requirimentos moi específicos. OTHELLO, dirixida por Marta Pazos.

Ler Máis >>

Gracias por tu interés

Te responderemos a la mayor brevedad.

Y solo usaremos tus datos para atender a tu solicitud de información, pero si te interesan nuestras actividades y quieres mantener el contacto, puedes suscribirte al boletín.

Hasta pronto!

Abrir chat
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?