Condicións de Venda e Devolución

OBXECTO

O presente documento ten por obxecto establecer as Condicións Xerais de Uso e as Condicións Xerais de Contratación relativas ás matrículas nos cursos realizados na páxina web de contratación en liña “https://imaxinatea.es ou https://actinghelps.com“, dominio do que é titular IMAXINERÍA S.L., con CIF nº B-36914372, empresa domiciliada na cidade de Vigo (Pontevedra), na rúa Camiño Galindra nº 32 (CP-36213).

Ao usar o sitio web da empresa IMAXINERÍA S.L., vostede acepta as súas políticas de uso e contratación, reservándose a empresa o dereito de modificar, engadir ou suprimir parte dos presentes termos en calquera momento. O visitante da páxina deberá revisar periodicamente se estes termos foron modificados.

A nosa política de contratación aplícase a todos os nosos servizos.

Identidade das partes:

As condicións xerais de contratación descritas a continuación rexen exclusivamente as relacións contractuais entre todo usuario da páxina web -denominado en diante “Usuario”- e a empresa IMAXINERÍA S.L., con CIF B-36914372, empresa domiciliada na cidade de Vigo (Pontevedra), na rúa Camiño Galindra nº 32 (CP-36213), ESPAÑA, con nº de teléfono 0034986113072 ou 0034686852015, correo electrónico de contacto: contacto@imaxinatea.es.

Política de contratación e efectividade da matrícula:

Os cursos dispoñen de prazas limitadas e as inscricións están suxeitas a confirmación en canto a prazas dispoñibles.

O Usuario interesado en contratar algún dos cursos programados deberá realizar a inscrición dirixíndose á ligazón dispoñible correspondente ao curso seleccionado e cubrindo o formulario que se abrirá ao acceder á pantalla de “Formalizar Inscrición”. Unha vez completado o formulario e cubertos os Detalles de facturación, o pagamento realizarase premendo o botón “Ir a PAGAR”. A formalización da inscrición no curso seleccionado segundo o indicado implicará a aceptación por parte do Usuario das presentes Condicións Xerais de Uso e das Condicións Xerais de Contratación e Cancelación/Devolucións.

Prezos e Formas de Pagamento:

Os prezos aplicables a cada curso son os indicados no sitio web na data de realización da inscrición, con todos os impostos incluídos.

Nos cursos nos que se entregue material específico para a súa realización, o prezo de dito material está incluído no prezo da matrícula.

Todos os cursos poden pagarse polos medios indicados ao realizar a inscrición, así como a través dos distintos métodos que en cada caso se poidan indicar ao cliente: Tarxeta de Crédito ou Débito (Visa/MasterCard, CUP, JCB…).

TPV virtual do noso banco.
O prezo dos cursos aboarase no momento de formalización da inscrición. Unha vez verificada a recepción do pagamento correspondente, emitirase a factura.

Política de Cancelación/Devolucións:

IMAXINERÍA S.L. resérvase o dereito de cancelar calquera dos cursos no caso de non acadar o número mínimo de alumnado, cun prazo máximo de 10 días antes do inicio do curso. Nestes casos devolverase o importe aboado en concepto de matrícula. Para estes casos, será necesario facilitar a IMAXINERÍA S.L. un número de conta onde ingresar o importe a devolver. O prazo para facilitar esta información será dun mes desde o día seguinte á cancelación do curso correspondente, mediante escrito enviado por correo electrónico, achegando unha certificación de titularidade bancaria. Correo electrónico: actinghelps@gmail.com.

O Usuario que contratase algún dos cursos programados poderá cancelar dita contratación de acordo cos seguintes termos e condicións:

1.- As cancelacións en calquera das modalidades de pagamento mensual, bimensual, trimestral ou anual deberán comunicarse antes do día 25 de cada mes, por escrito, completando un formulario a través do correo electrónico imaxinatea@gmail.com. Non se aceptarán cancelacións comunicadas por ningunha outra vía.

2.- Con respecto ás devolucións, realizaranse segundo os seguintes termos:

  • Reembolsarase o importe da matrícula nos casos en que a cancelación se comunique antes de 5 días do inicio do curso. Isto aplicarase a todas as modalidades de pagamento.
  • Non haberá dereito a devolución do mes en curso no caso de non terse comunicado a baixa 5 días antes do seu comezo, sempre que este non se iniciase. Se o curso xa comezou, a baixa deberá comunicarse antes do día 25 do mes anterior á data de efectos da baixa. Isto aplicarase a todas as modalidades de pagamento.
  • No caso de ter elixido algunha das opcións de pagamento por subscrición con bonificación ou pagamento único con bonificación, se a baixa se comunica 5 días antes do comezo do curso, a devolución comprenderá o importe aboado, excepto 10 euros en concepto de gastos de xestión. No caso de comunicar a baixa despois destes 5 días, da devolución que corresponda pola cancelación detraerase a cantidade correspondente á bonificación aplicada, así como os gastos financeiros asociados á mesma, sen dereito á devolución do mes en curso.
  • Se a opción de pagamento seleccionada fose a de subscrición mensual sen bonificación, no caso de que o curso non comezase e a baixa se comunique 5 días antes do inicio, a devolución comprenderá o importe aboado excepto 10 € en concepto de gastos de xestión. No caso de comunicar a baixa despois destes 5 días, non haberá dereito á devolución do mes aboado.

Para calquera incidencia relacionada coa contratación, contactar con imaxinatea@gmail.com.

Abrir chat
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?