BLOG

A importancia do teatro en todas as etapas da vida

Son Antonia Céspedes, son xerente de Imaxinatea e a miña experiencia forxouse a través da práctica teatral. Nestes primeiros Post, profundaremos na importancia da práctica e formación teatral en todas as etapas da vida:

“A través do teatro podemos ver reflectida a vida, as paixóns, os destinos humanos, os aconteceres dunha época e os costumes das diferentes civilizacións”

O Teatro é unha ferramenta válida na formación da conciencia das persoas e dos pobos. Para iso, na nenez e na adolescencia, etapa na que o ser humano crea a súa base para o futuro, as clases de teatro ofrecen recursos moi valiosos e descoñecidos e na etapa adulta axuda a redescubrirse a si mesmo

Na miña experiencia persoal como animadora teatral no ámbito do ensino teatral non formal, puiden observar como a práctica teatral, ten a capacidade de transformar ás persoas, sen importar a idade.

Ao longo destes anos nas miñas clases de teatro, comprobei como alumnos e alumnas provenientes de diferentes profesións, niveis culturais e niveis socio-económicos, atopaban no teatro unha nova perspectiva de vida, outras vías de comunicación descoñecidas ata ese momento. Observamos, como nalgúns casos, a práctica teatral chegou a transformar as súas vidas por completo.

“O teatro constitúe dende o inicio dos tempos un espazo máxico no que é posible o encontro, a expresión e a comunicación, pois permite crear unha especie de espazo transicional, onde todo se pode dar, mesmo a aprendizaxe e a terapia. O teatro constitúe un instrumento educativo cunhas potencialidades aínda por explorar, e múltiples informes fundamentan e avalan a súa necesidade; as moi variadas experiencias desenvolvidas en diversos países mostran que tanto a asistencia a espectáculos teatrais como a propia práctica do teatro promoven aprendizaxes que ningunha outra área pode suscitar” (Vieites, 1997).

Deixa unha resposta

Responsable: IMAXINERIA SL Finalidad: Moderar y responder comentarios de usuarios Derechos: Podrás ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y suprimir los datos en contacto@imaxinatea.es así como el derecho a presentar una reclamación ante una autoridad de control. Información adicional: En https://www.imaxinatea.es/politica-privacidad/ de www.imaxinatea.es, encontrarás información adicional sobre la recopilación y el uso de su información personal, incluida información sobre acceso, conversación, rectificación, eliminación, seguridad y otros temas.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Compartir é vivir!

Gracias por tu interés

Te responderemos a la mayor brevedad.

Y solo usaremos tus datos para atender a tu solicitud de información, pero si te interesan nuestras actividades y quieres mantener el contacto, puedes suscribirte al boletín.

Hasta pronto!

Abrir chat
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?