BLOG

Mostras de Nadal 2025

Esta semana en Imaxinatea Lab Creativo celebramos as nosas Mostras de Nadal, uns días moi especiais nos que o teatro foi o verdadeiro protagonista.

Ao longo das funcións, o público puido viaxar por historias cheas de imaxinación e significado: dende a maxia e os enredos de Os agasallos pérdidos do Nadal, pasando polos mitos e símbolos de A caixa de Pandora, Sísifo e Perséfone, ata achegarnos a unha divertida e diferente visión do Nadal con Papá Noel se jubila e Un Nadal no Vitrasa.

Cada proposta foi froito dun proceso creativo compartido, no que o alumnado traballou a expresión, o xogo escénico e o traballo en equipo, demostrando unha vez máis o seu compromiso e ilusión enriba do escenario.

Para pechar estes días tan intensos e emotivos, deixámosvos unha pequena galería de imaxes con algúns momentos das mostras, para gardar o recordo do vivido xuntos.

Dende Imaxinatea queremos desexarvos unhas moi felices festas e un próspero Aninovo, cheo de saúde, ilusión e moito teatro.

Grazas por acompañarnos e formar parte da nosa familia creativa.
Vémonos en 2026 ✨🎭

Os agasallos pérdidos do Nadal

A caixa de Pandora, Sísifo e Perséfone

Papá Noel se jubila

Un Nadal no Vitrasa

Compartir é vivir!

Gracias por tu interés

Te responderemos a la mayor brevedad.

Y solo usaremos tus datos para atender a tu solicitud de información, pero si te interesan nuestras actividades y quieres mantener el contacto, puedes suscribirte al boletín.

Hasta pronto!

Abrir chat
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?