Un match de improvisación teatral é unha competición entre “equipos” de actrices e actores . Ten as súas orixes en Canadá nos anos setenta e de aí estendeuse por toda Latinoamérica, principalmente Arxentina, para dar posteriormente o salto a Europa.

Hai competicións rexionais, nacionais e ata mundiais de improvisación.
O ano pasado utilizamos este formato competitivo no noso primeiro match de impro que se celebrou en La Pecera, na rúa Pizarro35.
Repartíronse trofeos para todas e todos os participantes.


Este ano contamos con ata seis equipos de catro a seis persoas que competirán nun sistema de liguiña en dous grupos de tres . Os enfrontamentos serán da dous en Impro comparada (os dous equipos improvisan sobre un un mesmo tema coas mesmas premisas) . O público vota a man alzada. A cada gañador outórganselle tres puntos e se hai empate un punto. Unha vez queden ordenados en cada grupo enfróntanse primeiro con primeiro, segundo con segundo e terceiro con terceiro de cada grupo.
Esperámosvos desexando que gocedes da velada… ou deberiamos dicir representación teatral?