BLOG

O gran teatro consiste en desafiar a nosa maneira de pensar e animarnos a imaxinar aquilo ao que aspiramos

O 27 de marzo celébrase como o ‘Día Mundial do Teatro’ en todo o mundo. 

É patrocinado polo Instituto Internacional do Teatro (ITI), fundada pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura ( UNESCO).

Willem-Dafoe-Photo-2

Desde 1962, o Día Mundial do Teatro foi celebrado polos Centros ITI, Membros Cooperantes, profesionais do teatro, organizacións teatrais, universidades e amantes do teatro de todo o mundo, o 27 de Marzo de cada ano. Este día é unha celebración para aqueles que poden ver o valor e importancia da forma de arte “teatro”, e actúa como un chamado de atención para os  que aínda non recoñeceron o seu valor para as persoas e para o individuo, e tampouco se deron conta do seu potencial para o crecemento económico.

Este ano, a mensaxe do Día Mundial do Teatro está asinada por Willem Dafoe, recoñecido actor internacional e actual director artístico do Departamento de Teatro da Biennale di Venezia. A súa traxectoria artística naceu sobre os escenarios, como membro fundador de The Wooster Group, unha das compañías máis influentes do teatro de vangarda contemporáneo en Nova York.

Ao longo da súa carreira, Dafoe colaborou con grandes nomes da creación escénica como Bob Wilson, Marina Abramović, Richard Foreman ou Romeo Castellucci, explorando linguaxes teatrais innovadoras e ampliando os límites da interpretación.

Aínda que acadou un enorme recoñecemento internacional polo seu traballo no cinema —con catro nomeamentos aos premios Óscar e a Coppa Volpi ao mellor actor no Festival de Cine de Venecia en 2018—, o teatro continúa sendo unha parte esencial da súa identidade artística, un espazo desde o que segue alimentando a súa visión creativa e a súa maneira de entender o oficio de actor.

Son actor, coñecido principalmente como actor de cinema, pero as miñas raíces están profundamente arraigadas no teatro. Fun membro de The Wooster Group desde 1977 ata 2003, creando e interpretando pezas orixinais en The Performing Garage, en Nova York, e realizando xiras por todo o mundo. Tamén traballei con Richard Foreman, Robert Wilson e Romeo Castellucci. Actualmente son o director artístico do Departamento de Teatro da Biennale di Venezia. Este nomeamento, os acontecementos mundiais e o meu desexo de regresar ao quefacer teatral reforzaron a miña convicción no poder positivo e único do teatro e na súa importancia.

Nos humildes comezos da miña etapa en The Wooster Group, a compañía con sede en Nova York, adoitabamos ter moi pouco público nalgunhas das nosas funcións. A regra era que, se había máis intérpretes ca espectadores, podiamos optar por cancelar. Pero nunca o fixemos. Moitos dos membros non estaban formados nas artes escénicas, senón que procedían de distintas disciplinas que se reunían para facer teatro; así que “o espectáculo debe continuar” non era realmente o noso lema. Porén, sentiamos a obriga de manter ese encontro co público.

Con frecuencia ensaiabamos durante o día e pola noite presentabamos o material como traballo en proceso. Ás veces dedicabamos anos a unha obra mentres nos sostiñamos con xiras de producións anteriores. Traballar durante anos nunha peza podía volverse tedioso para min, e os ensaios resultábanme ás veces esgotadores; pero esas presentacións de traballos en proceso sempre eran estimulantes, mesmo cando o público reducido parecía un xuízo contundente sobre o nivel de interese polo que estabamos facendo. Iso fíxome comprender que, sen importar cantas persoas houbese, o público, como testemuña, dálle ao teatro o seu significado e a súa vida.

Como di o cartel nunha sala de apostas: “HAI QUE ESTAR PRESENTE PARA GAÑAR”. A experiencia compartida en tempo real dun acto de creación, que sempre é diferente aínda que siga unha pauta e un deseño, é sen dúbida a forza máis evidente do teatro. Social e politicamente, o teatro nunca foi tan importante e vital para a comprensión de nós mesmos e do mundo.

O “elefante na sala” son as novas tecnoloxías e as redes sociais, que prometen conexión, pero aparentemente fragmentaron e illaron ás persoas. Uso o meu ordenador a diario, aínda que non teño redes sociais; mesmo busquei o meu nome en internet como actor e tamén consultei a intelixencia artificial para obter información. Pero habería que estar cego para non recoñecer que o contacto humano corre o risco de ser substituído por relacións con dispositivos. Aínda que certa tecnoloxía pode ser útil, o problema de non saber quen está ao outro lado do círculo de comunicación é profundo e contribúe a unha crise de verdade e de realidade. Se ben internet pode formular preguntas, poucas veces capta ese sentido de asombro que o teatro crea. Un asombro baseado na atención, no compromiso e nunha comunidade espontánea de quen está presente nun círculo de acción e resposta.

Como actor e creador teatral, sigo crendo no poder do teatro. Nun mundo que parece volver facerse cada vez máis divisivo, controlador e violento, o noso desafío como creadores teatrais é evitar que o teatro se corrompa reducíndose unicamente a unha empresa comercial dedicada ao entretemento como distracción, ou que se converta nun simple preservador institucional de tradicións. Pola contra, debemos fomentar a súa forza para conectar pobos, comunidades e culturas e, sobre todo, para cuestionar cara a onde nos diriximos…

O gran teatro consiste en desafiar a nosa maneira de pensar e animarnos a imaxinar aquilo ao que aspiramos.

Somos animais sociais deseñados bioloxicamente para vincularnos co mundo. Cada órgano sensorial é unha porta cara ao encontro, e a través dese encontro logramos unha definición máis profunda de quen somos. A través da narración, da estética, da linguaxe, do movemento e da escenografía, o teatro, como forma de arte total, pode facernos ver o que foi, o que é e o que o noso mundo podería chegar a ser.

 
Traducido por Imaxinatea Lab Creativo

Deixa unha resposta

Responsable: IMAXINERIA SL Finalidad: Moderar y responder comentarios de usuarios Derechos: Podrás ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y suprimir los datos en contacto@imaxinatea.es así como el derecho a presentar una reclamación ante una autoridad de control. Información adicional: En https://www.imaxinatea.es/politica-privacidad/ de www.imaxinatea.es, encontrarás información adicional sobre la recopilación y el uso de su información personal, incluida información sobre acceso, conversación, rectificación, eliminación, seguridad y otros temas.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Compartir é vivir!

Gracias por tu interés

Te responderemos a la mayor brevedad.

Y solo usaremos tus datos para atender a tu solicitud de información, pero si te interesan nuestras actividades y quieres mantener el contacto, puedes suscribirte al boletín.

Hasta pronto!

Abrir chat
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?