BLOG

Culturgal 2025

O pasado sábado 29 de novembro, o alumnado de Imaxinatea participou en Culturgal 2025, a gran feira das industrias culturais de Galicia celebrada no Pazo da Cultura de Pontevedra. Foi unha xornada chea de emoción, aprendizaxe e moita creatividade compartida.

Nesta edición volvemos presentar a montaxe “Cousas que pasan no mundo cando é Nadal”, unha adaptación moi libre do libro infantil de Leo Benxamín e Natalia Guerrero, que o noso alumnado xa representara anteriormente e que volveu cobrar vida con nova enerxía sobre o escenario de Culturgal. O universo festivo, imaxinativo e cheo de humor desta peza conectou unha vez máis co público asistente.

A experiencia permitiulles ás nenas e nenos vivir un día especial actuando nun dos espazos culturais máis importantes de Galicia, ao tempo que compartían ambiente con outras compañías, artistas e profesionais da cultura.

En Imaxinatea estamos moi orgullosas e orgullosos do seu traballo, da súa actitude e da ilusión coa que prepararon esta función especial. Grazas tamén ás familias pola súa colaboración constante, fundamental para que vivan experiencias tan enriquecedoras.

Seguiremos creando, xogando e facendo teatro con todo o corazón. 💜🎭

Déixámosvos a continuación unha pequena galería de fotos deste día tan especial.

Compartir é vivir!

Gracias por tu interés

Te responderemos a la mayor brevedad.

Y solo usaremos tus datos para atender a tu solicitud de información, pero si te interesan nuestras actividades y quieres mantener el contacto, puedes suscribirte al boletín.

Hasta pronto!

Abrir chat
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?