BLOG

Imaxinatea vístese de nadal

Celebrámolo xuntos en escena

O nadal é unha época máxica porque as rúas énchense de luces, e máis aínda as nosas rúas de Vigo; pero tamén é momento de compartir en familia e gozar ao máximo, debido a iso moitos colexios e escolas de teatro despiden o ano coa representación de obras de teatro para todos os públicos,xeralmente con motivos do Nadal.

En Imaxinatea Lab Creativo, como escola de teatro en Vigo, están a prepararse algunhas delas, pero adaptadas aos grupos de alumnos, xa sexa pola súa experiencia ou polas idades.

Ademais das pequenas obras que preparan os nosos alumnos para demostrar aos seus seres queridos os seus avances en teatro, queremos recomendar algúns detalles de vestiario para algunhas obras de teatro idóneas para representar en nadal:

Conto de Nadal – As pantasmas de Scrooge de Charles Dickens

Ensínanos a profundar os valores que nos transmite o nadal, o valor da bondade, a empatía, a caridade e a solidariedade cara ás persoas máis necesitadas. Trátase de recrear a época ou era victoriana dunha maneira “minimalista”. (A era ou época victoriana da historia do Reino Unido marcou a cúspide da súa Revolución Industrial e do Imperio británico, aínda que esta expresión úsase comunmente para referirse ao extenso reinado de Vitoria (20 de xuño de 1837-22 de xaneiro de 1901).

Recomendamos para os figurinos, na adaptación do conto á escena que realizamos en Imaxinatea levar roupa basee da cor indicada para cada personaxe e algún elemento máis que axude a definilo.

NARRADOR: Leggins negros e camiseta negra de manga longa. Chapeu de copa con aire do Nadal.

SOBRIÑA DE SCROOGE: Base negra. Pode levar un saia estilo victoriano en cor diferente ao negro ou abrigo/capa estilo victoriano tamén en cor diferente ao negro.

Sra. SCROOGE: Base negra. Pode levar dúas pezas, que cambiará en diferentes momentos da escena. Abrigo, estilo victoriano de muller e dun camisón con gorro para a señora Scrooge. O personaxe irá caracterizado con pelo branco canoso e lentes de base metálica, preferiblemente. O seu aspecto debe ser algo sinistro…

ANNE: Base negra. Pode levar unha capa talla victoriana en cor difetente ao negro na escena da oficina, ademais dunhas luvas cos dedos medio cortados.Tamén necesitará un mandil estilo victoriano de cor beige escuro.

FRANK: Base negra. Pode levar un abrigo estilo victoriano en cor diferente ao negro.

ESPÍRITO DE MARGARET: Base negra. Pode levar un abrigo en gris e cadea de plástico rodeando o seu corpo, e o pelo e a cara pintados de gris tamén como o abrigo.

BETTY: Base negra. Pode levar ademais una destas pezas: saia estilo victoriano en cor diferente ao negro ou abrigo/capa estilo victoriano tamén en cor diferente ao negro.  Sra. SCROOGE NOVA: Base negra. Pode levar un abrigo estilo victoriano en cor diferente ao negro.

SCROOGE NENO: Base negra. Recomendamos ademais, levar chaleco de cor diferente ao negro e gorra ao estilo de niño humilde da época victoriana. VIKY: Base negra. Pode levar ademais saia estilo victoriano en cor diferente ao negro.

ESPÍRITOS DO NADAL PASADO: Un ou dous personaxes con base branca. Levarán unha carapucha branca que teña abertos os ollos, nariz e boca, e ao redor da carapucha unha riestra de luz led de cor branca, cosida, rodeando a cabeza. A riestra levará pilas para a súa independencia de movemento. 
 
ESPÍRITOS DO NADAL PRESENTE: Un ou dous personaxes con base verde mazá. Levarán unha carapucha tamén verde que teña abertos os ollos, nariz e boca, e ao redor da carapucha unha riestra de luz led de cor verde, cosida, rodeando a cabeza. A riestra levará pilas para a súa independencia de movemento.
 
ESPÍRITOS DO NADAL FUTURO: Uns ou dous personaxes con base negra. Levarán unha carapucha tamén negra que teña abertos os ollos, nariz e boca, e ao redor da carapucha unha riestra de luz led de cor azul, cosida, rodeando a cabeza. A riestra levará pilas para a súa independencia de movemento. 
 
INVITADA:Base negra. Pode levar un abrigo estilo victoriano en cor diferente ao negro.
 
PERSONAXE 1: Base negra. Recomendamos ademásm, un abrigo estilo victoriano en cor diferente ao negro.
 
PERSONAXE 2: Base negra. Pode levar un abrigo estilo victoriano en cor diferente ao negro.
 
MOZA ESCENA FINAL: Base negra. Pode levar ademais, saia ou abrigo victoriano.
 
Algunhas imaxes semellantes ao tipo de vestiario victoriano que comentamos veralo na seguinte galería:

Non hai nada máis representativo de nadal, que a árbore, por iso a segunda obra que recomendamos para ver e daremos detalles para representar é: A lenda da árbore de

Nadal de Petra-Jesús Blanco

Ensínanos que as persoas somos diferentes por múltiples razóns e iso é o marabilloso da humanidade. 

Narrador: Base negra. María e mulleres: Manto feito con restos de cortinas ou teas varias. Vestido de calquera túnica ou mesmo un camisón longo. De calzado servirán as chanclas de piscina.

José e posadero: Trapo grande para a cabeza, cunha cinta ou pano retorto, xersei a poder ser de cores terra ou azuis fríos, unha saba ou calquera trapo grande que se poida atar ou coser nun ombreiro. Para o calzado serven chanclas ou calquera zapato non deportivo. Para o bastón un pau de madeira de escoba pode ser a opción.

Raparigos e homes: Similares a José e posadero pero sen bastón.

Anxo: Diadema de espumillón, luces de árbore, camisón ou túnica branca. As ás poden ser de arame forradas con espumillón.

Soldados romanos: Casco de papel maché, forrado con papel de aluminio. Camiseta longa que cubra para poñer saia por encima. Hombreras de cartón, ferros de cartón e cinto resistente para as saias da época romana, botas de coiro ou calzado alto forrado con papel marrón, frecha con pau de escoba e penacho con cartolina.

Abeto, Oliveira e Naranjo: Base verde de camiseta e leggins, con ramas de árbores e follas de cartolina. Ou feitos de cartón cun círculo para que asomen a cabeza os actores. Pódense coser ou pegar bolitas de papel ou tea, semellantes a olivas ou laranxas.

Algunhas imaxes semellantes ao tipo de vestiario victoriano que comentamos veralo na seguinte galería:

Esperamos que sexa de gran axuda e …pechamos o pano!

Deixa unha resposta

Responsable: IMAXINERIA SL Finalidad: Moderar y responder comentarios de usuarios Derechos: Podrás ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y suprimir los datos en contacto@imaxinatea.es así como el derecho a presentar una reclamación ante una autoridad de control. Información adicional: En https://www.imaxinatea.es/politica-privacidad/ de www.imaxinatea.es, encontrarás información adicional sobre la recopilación y el uso de su información personal, incluida información sobre acceso, conversación, rectificación, eliminación, seguridad y otros temas.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Compartir é vivir!

Gracias por tu interés

Te responderemos a la mayor brevedad.

Y solo usaremos tus datos para atender a tu solicitud de información, pero si te interesan nuestras actividades y quieres mantener el contacto, puedes suscribirte al boletín.

Hasta pronto!

Abrir chat
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?