BLOG

EXPOLAB23 – O imposible

Inauguración da IV edición da mostra, EXPOLAB23 “O IMPOSIBLE”

Exposición e presentación de actividades que realizamos nas nosas instalacións.

O xoves 14 de setembro ás 19:30 INAUGURAMOS en Imaxinatea LAB Creativo, espazo de formación en artes escénicas e plásticas, a exposición e actividades da IV edición da mostra colectiva EXPOLAB23, destinada tanto a afeccionados como a profesionais das artes escénicas, audiovisuais e plásticas, que se podía visitar ata o día 30 de setembro. Co título “O IMPOSIBLE” o espectador participou activamente e podía reflexionar sobre as artes e a cultura, que a humanidade preservou e evolucionou ata a actualidade cuns códigos baseados nas emocións, e como se enfrontan a un mundo que camiña cara a unha intelixencia artificial “dominadora” cuxos límites creativos e emocionais descoñécense.

O día 14 contamos coa participación de Sara Lemniai que presentou a mostra “OURIKA AMAZIGH” con fotografías, obxectos, traxes, tipografía e tradicións como a tatuaxe con henna da cultura milenaria bereber do norte de África, que sobreviviu, de forma case imposible, aos distintos imperios e estados que dunha forma ou outra tentaron sometelos ou integralos (a día de hoxe e por desgraza de actualidade polo terremoto que arrasou o seu territorio). 

Dania D´Alfonso presentou o seu poemario “VOLUMES DE ALIVIO”, nos que de forma íntima e persoal desvélanos a súa paixón pola música en “O trobador”, o agradecemento á súa cidade de acollida “Vigo e eu”, a súa visión bondadosa do mundo “Cando a bondade esparexe” entre outros poemas que acompañou cun recital con música que de forma sosegada reconcílianos cun mundo acelerado que moitas veces parece imposible de acougar.

Susana Matarranz con “DESAFÍO” expuso a súa obra pictórica que ten como referente a emoción que lle provoca a danza clásica, que recolle de forma figurativa en modelos humanos e expresiva en animais cunha segunda intención, aos que suma unhas coloristas paisaxes urbanas e xeometrías froito dunha mirada libre de prexuízos que nos demostra que non é imposible descubrir e iniciar unha afección artística cando xa se ten unha longa traxectoria vital.

Os días 19, 20 e 21 de setembro impartironse en diferentes horarios clases gratuítas de teatro (Nerea Brey, Antonia Céspedes, Leonel G. Laborde) , técnica vocal (Juanjo Cura) e creación de cómic manga (Óscar Gordon) como parte das xornadas de portas abertas que un ano máis fixéronse  con moitísima dedicación e agradecemento.

O día 22 de setembro a partir das 20:30 o grupo de música “Tremebanda” presentou o seu CD “FUSIÓN” con temas propios influenciados musicalmente polo soul, rock, pop, blues , con letras elaboradas a partir de creacións líricas moi persoais. Interpretaron varios temas en directo do álbum “FUSIÓN” cuxo proceso creativo é integramente propio desde a composición ata o maquetado final, por esforzo colaborativo dos integrantes do grupo, algo que é cada vez menos frecuente, non digamos para as estrelas mediáticas do panorama musical, imposible, pero que forma parte da realidade cotiá de moitos artistas.

O día 29 de setembro tivo lugar a xornada “ Presencia y Sonido” a favor do benestar e a saúde,  coa conferencia “A enfermidade como camiño” de Gloria Pérez González, baseada na súa propia experiencia, a escritora, coach emocional, terapeuta holística e naturópata, introdúcenos na espiritualidade e a medicina natural facendo para ela, e outros, posible o que para moitos é imposible. O dúo “Sueño de Caliope” ( Xiara e Dania) realizou unha performance presentando o seu roteiro presencia e son a través do seu álbum “Canto Laranxa” na que nos mostran as posibilidades da música e os sons como fonte de benestar.

O día 30 de setembro, José Ignacio Alcalde Prieto, licenciado pola ESAD de Córdoba, escritor e investigador sobre o teatro e o cinema político e social, director de curtos, documentais e obras de teatro impartiu unha clase maxistral gratuíta sobre “Teatro político e a súa aplicación ao cinema”. Aristóteles, Maquiavelo, ou Churchill dixeron que a política é “a arte do posible”, e non poucos lles corrixiron engadindo á frase a consecución do imposible como meta final. O obxectivo desta clase foi analizar a proposta do teatro político desde os seus comezos e a súa aplicación no cinema, especialmente no relativo á crise de 2008, facendo incapé na diferenza entre teatro / cinema social.

Resumen Programa de Expolab 23 “O Imposible”

– 14 de setembro (xoves)

19:30 Presentación Expolab 23
19:35 Presentación do poemario “Volumes de Alivio” e declamación (Dania D´Alfonso) 
20:00 Fotografia “OURIKA AMAZIGH” (Sara Lemniai) 
20:15 Mostra de pintura “ Desafío “ (Susana Matarranz) 
20: 30 Recital con declamación (Dania D´Alfonso)
21:15 Aperitivo

– 19-20-21 de setembro (martes-mércores e xoves)
Diferentes horarios : Clases gratuítas de teatro (Nerea Brey, Antonia Céspedes, Leonel G. Laborde) , técnica vocal (Juanjo Cura) e creación de cómic manga (Óscar Gordon)

– 22 de setembro (venres)
20:30 Presentación do CD de Tremebanda “ Fusión”
20:45 Concerto álbum “Fusión”
21:15 Aperitivo 

29 de setembro (venres)
18:00 Conferencia “A enfermidade como camiño” (Gloria Pérez González) 1h
19.00 Descanso
19:20 Presentación da xornada presencia e son
19:30 Performance álbum “Canto Laranxa” (Soño de Caliope)
20:30 Aperitivo

– 30 de setembro (sábado)
11:00-13:00 Clase maxistral gratuíta “Teatro político e a súa aplicación ao cinema” ( José Ignacio Alcalde Prieto)

REUNIÓNS DE PREPARACIÓN

MOMENTOS DO EXPOLAB23

VÍDEOS EXPOLAB23

Deixa unha resposta

Responsable: IMAXINERIA SL Finalidad: Moderar y responder comentarios de usuarios Derechos: Podrás ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y suprimir los datos en contacto@imaxinatea.es así como el derecho a presentar una reclamación ante una autoridad de control. Información adicional: En https://www.imaxinatea.es/politica-privacidad/ de www.imaxinatea.es, encontrarás información adicional sobre la recopilación y el uso de su información personal, incluida información sobre acceso, conversación, rectificación, eliminación, seguridad y otros temas.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Compartir é vivir!

Gracias por tu interés

Te responderemos a la mayor brevedad.

Y solo usaremos tus datos para atender a tu solicitud de información, pero si te interesan nuestras actividades y quieres mantener el contacto, puedes suscribirte al boletín.

Hasta pronto!

Abrir chat
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?