FORMACIÓN TEATRAL BÁSICA PARA MOZOS, MOZAS E ADULTOS

O teatro é unha ferramenta fundamental non só para o artista se non para a vida de todas as persoas. Este curso propicia a comunicación e a empatía, e axúdache a expresarche con espontaneidade e plenitude.
FORMACIÓN TEATRAL AVANZADA

O obxectivo destas clases é perfeccionar os coñecementos metodolóxicos na proxección artística, desenvolver as técnicas de actuación e coñecer os aspectos máis relevantes dos diferentes xéneros dramáticos.
FORMACIÓN TEATRAL PARA NENOS E NENAS

Nesta formación, proporcionamos recursos interpretativos centrándonos no desenvolvemento da expresión dunha maneira activa e dinámica, potenciando a sensibilidade, as posibilidades creativas e a capacidade de descubrirse a si mesmo, para expresarse con espontaneidade e plenitude.
CORO E CANTO PARA ACTORES E ACTRICES
O Coro de Actores e Actrices une voz, canto coral e interpretación escénica nunha experiencia colectiva.
Un espazo para explorar a voz, o corpo, a emoción e o traballo en grupo, sen necesidade de experiencia coral previa.
FORMACIÓN TEATRO MUSICAL

Nova formación avanzada en teatro musical dirixida a actores e actrices en formación maiores de 16 anos. Traballaremos técnica vocal, movemento escénico e interpretación para preparar e representar un musical, nun proceso creativo pensado para persoas con base previa en teatro ou técnica vocal.