Última actualización: 20 de outubro de 2026.
Nesta páxina explicámosche que datos persoais tratamos en Imaxinatea, para que, durante canto tempo e que dereitos tes, conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e á Lei orgánica 3/2018, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).
IMAXINERIA SL (Imaxinatea Lab Creativo) · NIF B36914372 · Camiño Galindra, 32 – 36213 Vigo · Centro: Praza Francisco Fernández del Riego, 3, local 5 C – 36203 Vigo · Tel. 986 12 00 24 · contacto@imaxinatea.es
| Para que | Datos | Base legal | Canto tempo |
|---|---|---|---|
| Matrícula e xestión dos cursos: inscrición, grupos e horarios, cobro da matrícula e das cotas, facturación, comunicacións sobre o curso. | Do cliente: nome, apelidos, NIF, enderezo, correo, teléfono e datos de pago (a tarxeta xestióna a entidade bancaria). Do alumno/a: nome, apelidos, data de nacemento e observacións que nos facilites. Do titor/a, se o alumno/a é menor: nome e apelidos. | Execución do contrato (art. 6.1.b RXPD) e obrigas legais fiscais e contables (art. 6.1.c). | Mentres dure a relación e, despois, o prazo de prescrición das obrigas legais (en xeral, 6 anos para a documentación contable e fiscal). |
| Fotografías e vídeos das clases, mostras e actividades na web, redes sociais e outros medios da escola. | Imaxe e voz do alumno/a. | Consentimento (art. 6.1.a), que se pide á parte na matrícula e é voluntario. | Ata que retires a autorización. O xa publicado antes da retirada retirarase na medida do posible. |
| Atender consultas que nos envías polos formularios, o correo, o teléfono ou WhatsApp. | Nome, correo, teléfono e o que nos contes. | Consentimento ao enviar a consulta e, se queres matricularte, aplicación de medidas precontractuais (art. 6.1.b). | O tempo necesario para responder e, como máximo, un ano. |
| A miña conta: acceso aos teus pedidos, subscricións e método de pago. | Usuario, correo e contrasinal cifrado. | Execución do contrato. | Mentres manteñas a conta. |
| Estatísticas de visitas da web. | Datos de navegación pseudonimizados (cookies de Google Analytics). | Consentimento a través do aviso de cookies. | Ver a política de cookies. |
Non tomamos decisións automatizadas nin elaboramos perfís con efectos xurídicos sobre ti.
As persoas maiores de 14 anos poden facilitarnos os seus propios datos (art. 7 LOPDGDD). A matrícula, que é un contrato, faina sempre unha persoa maior de idade: se o alumno/a é menor, a súa nai, pai ou titor/a, que nos facilita tamén os datos do alumno/a e decide sobre o uso da súa imaxe.
Non vendemos nin cedemos os teus datos. Só acceden a eles, cando é necesario e con contrato de encargado do tratamento, os provedores que nos prestan servizos:
Algúns servizos de Google poden tratar datos nos Estados Unidos. Google está adherida ao Marco de Privacidade de Datos UE-EUA (decisión de adecuación da Comisión Europea do 10 de xullo de 2023) e aplica cláusulas contractuais tipo.
Podes exercer en calquera momento os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, e retirar o consentimento que deses (por exemplo, o de uso de imaxe), escribindo a contacto@imaxinatea.es ou por carta ao domicilio indicado. Responderémosche no prazo dun mes.
Se consideras que non atendemos ben a túa solicitude, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (C/ Jorge Juan, 6 – 28001 Madrid).
Pedímosche que nos facilites datos veraces e nos avises se cambian; podes actualizalos en A miña conta. Aplicamos medidas técnicas e organizativas para protexer os teus datos: conexión cifrada (HTTPS), pago no contorno seguro do banco, acceso restrinxido ao persoal que os precisa e copias de seguridade.
Se cambiamos esta política, publicaremos aquí a nova versión coa súa data e, se o cambio é importante, comunicarémoscho.
Imaxinatea Lab Creativo
Te respondemos por WhatsApp
Imaxinatea Lab Creativo
Hola 👋 ¿En qué podemos ayudarte?