Iniciación ao traballo corporal e espacial
Esta proposta de formación está dirixida a persoas interesadas en explorar o corpo como ferramenta expresiva dentro do traballo actoral.
A través dunha iniciación ao movemento e ao traballo no espazo, o curso combina técnicas de danza contemporánea e danza popular con exercicios básicos de movemento escénico. O obxectivo é desenvolver a conciencia corporal, ampliar as posibilidades expresivas do intérprete e aprender a construír personaxes desde o físico.
Durante as sesións traballarase a relación co espazo, o ritmo, a presenza escénica e a comunicación non verbal, favorecendo que cada participante descubra novas formas de habitar o escenario.
Unha proposta pensada para actores e actrices que queiran reforzar a súa presenza escénica, explorar o movemento e enriquecer o proceso de creación de personaxes a partir do corpo.
Información do curso
Duración: 8 sesións
Horarios: Luns de 11:00 a 12:30 ou 17:30 a 19:00
Datas:
16 e 23 de marzo
13 e 27 de abril
11 e 25 de maio
1 e 8 de xuño
Prezo:
20€ ao mes
10€ ao mes para alumnado de Imaxinatea
Plaza Francisco Fernández del Riego
Núm. 3 (calle trasera) - Local 5 C
36203 - VIGO
Responsable » Imaxinatea Lab Creativo
Finalidad » contactar contigo tal y como solicitas
Legitimación » tu consentimiento
Derechos » tienes derecho, entre otros, a acceder, rectificar, limitar y suprimir tus datos.
Información adicional: En https://www.imaxinatea.es/politica-privacidad/ de www.imaxinatea.es, encontrarás información adicional sobre la recopilación y el uso de su información personal, incluida información sobre acceso, conservación, rectificación, eliminación, seguridad, y otros temas.