Coro e Canto para Actores e Actrices
Un novo espazo formativo pensado para quen quere traballar a voz desde o canto colectivo, poñéndoa ao servizo da interpretación, a presenza escénica e a escoita grupal.
Nesta formación exploraremos o coro como ferramenta teatral:
respiración, afinación, ritmo, harmonía, coordinación e expresividade vocal, sempre desde unha perspectiva práctica e creativa.
Un sábado ao mes
Horario: de 10:30 a 12:00
Inicio: 24 de xaneiro
Idade: a partir de 16 anos
Requisitos: é preciso ter nocións básicas de música e afinación
Prezo:
Unha proposta ideal para actores e actrices que desexen afondar no traballo vocal, mellorar a súa afinación e descubrir o poder do canto compartido dentro do proceso escénico.