OBRADOIRO LITERARIO
Sínteste escritor/ar? Queres mellorar?
Este Obradoiro Literario de Francisco Castro é unha actividade pensada para todas aquelas persoas ás que lles gusta escribir, que teñan escrito antes ou non, que queiran dedicarse á escrita ou que simplemente a teñan como unha afección, para que poidan mellorar. É unha actividade dirixida a todas as persoas ás que lles gusta a literatura.
Haberá quen teña moito escrito, quizais unha novela comezada, ou un poemario, e quererán mellorar. Outros quizais soñen con ver algún día algún libro publicado.
Todas e todos sodes benvidos. Só se precisa ilusión e ganas de aprender.
A través de técnicas moi sinxelas as e os participantes, dende o primeiro minuto do Taller, enfrontaranse a unha actividade fundamentalmente lúdica centrada no valor de escribir dende a posta en práctica de formulacións amenas e participativas.
Sesións
SESIÓN 1: ESCRIBIR É DESCRIBIR
Aprenderemos a atopar a mirada literaria. O punto de partida dunha historia é atopar a voz narradora.
SESIÓN 2: O PODER DA IMAXINACIÓN
Todos levamos historias dentro que contar. Aprenderemos a atopar, e a poñer ao noso favor, os desencadeantes das historias.
SESIÓN 3: A LITERATURA SERVE PARA FALAR DO MUNDO
A través de sinxelas técnicas de escritura, aprenderemos o poder da literatura para o coñecemento e para o autocoñecemento. Como escribimos é como somos.
SESIÓN 4: A LITERATURA E A MEMORIA
As boas historias son as que conseguen evocar. Aprenderemos como utilizar a nosa vida e experiencia como material literario.
SESIÓN 5: AS FORMAS DA LITERATURA
O relato, a novela, o poema, o microrrelato, a prosa poética… Practicaremos todos os xéneros ata atopar o que máis nos convén.
SESIÓN 6: O CREADOR
Aprenderemos a construír historias completas, rematadas, definitivas, con personaxes vivas, coherentes, cribles. Buscaremos a verdade literaria dando vida a personaxes verídicas.
SESIÓN 7: A MEMORIA LITERARIA
Todo pode ser literatura. A anécdota ben contada é literatura. Vidas de novela. Literaturizar a vida.
SESIÓN 8: HISTORIAS, CONTOS, O PODER DA PALABRA
Dedicaremos a última sesión a reflexionar sobre a importancia das boas historias. Son as que nos namoran. A quen lle desgusta un conto ben contado?
O Obradoiro Literario de Francisco Castro é unha actividade pensada para todas aquelas persoas ás que lles gusta escribir e que, polos motivos que fosen, ata o de agora non tiveron oportunidade de lanzarse a facelo. Tamén para todos aqueles que xa escriben e que queren mellorar. En todo caso, é unha actividade dirixida a todas as persoas ás que lles gusta a literatura.
A través de técnicas moi sinxelas as e os participantes, dende o primeiro minuto do Taller, enfrontaranse a unha actividade fundamentalmente lúdica centrada no valor de escribir dende a posta en práctica de formulacións amenas e participativas.
Sesións
SESIÓN 1: ESCRIBIR É DESCRIBIR
Aprenderemos a atopar a mirada literaria. O punto de partida dunha historia é atopar a voz narradora.
SESIÓN 2: O PODER DA IMAXINACIÓN
Todos levamos historias dentro que contar. Aprenderemos a atopar, e a poñer ao noso favor, os desencadeantes das historias.
SESIÓN 3: A LITERATURA SERVE PARA FALAR DO MUNDO
A través de sinxelas técnicas de escritura, aprenderemos o poder da literatura para o coñecemento e para o autocoñecemento. Como escribimos é como somos.
SESIÓN 4: A LITERATURA E A MEMORIA
As boas historias son as que conseguen evocar. Aprenderemos como utilizar a nosa vida e experiencia como material literario.
SESIÓN 5: AS FORMAS DA LITERATURA
O relato, a novela, o poema, o microrrelato, a prosa poética… Practicaremos todos os xéneros ata atopar o que máis nos convén.
SESIÓN 6: O CREADOR
Aprenderemos a construír historias completas, rematadas, definitivas, con personaxes vivas, coherentes, cribles. Buscaremos a verdade literaria dando vida a personaxes verídicas.
SESIÓN 7: A MEMORIA LITERARIA
Todo pode ser literatura. A anécdota ben contada é literatura. Vidas de novela. Literaturizar a vida.
SESIÓN 8: HISTORIAS, CONTOS, O PODER DA PALABRA
Dedicaremos a última sesión a reflexionar sobre a importancia das boas historias. Son as que nos namoran. A quen lle desgusta un conto ben contado?
DOCENTE
Francisco Castro
Traballou durante 15 anos na Editorial Galaxia, seis deles como Director Xeral.
Leva moitos anos impartindo con éxito Obradoiros Literarios.
A súa vida gravita entre a literatura, a música e os obradoiros.
- Datas: 6,20 e 27 de outubro; e 10,17 e 24 de novembro; 1 e 15 de decembro de 2025
- Horario: 18:00 a 20:00h.
- Lugar: Imaxinatea Lab Creativo. Praza Francisco Fernández del Riego, nº 3 (rúa traseira), local 5 C. 36203 Vigo
- Profesor: Francisco Castro
- Prazas: Grupos reducidos
- Inscrición: Cerrada
- Información: 986 120 024 - 626 002 072, ou a través do email contacto@imaxinatea.es
- Prezo do obradoiro: 75€
- O alumnado pode traballar en galego ou en castelán





