Movemento e danza para actores e actrices

Movemento e danza para actores e actrices

Iniciación ao traballo corporal e espacial

Esta proposta de formación está dirixida a persoas interesadas en explorar o corpo como ferramenta expresiva dentro do traballo actoral.

A través dunha iniciación ao movemento e ao traballo no espazo, o curso combina técnicas de danza contemporánea e danza popular con exercicios básicos de movemento escénico. O obxectivo é desenvolver a conciencia corporal, ampliar as posibilidades expresivas do intérprete e aprender a construír personaxes a partir do físico, reforzando tamén a presenza escénica.

Durante as sesións traballarase a relación co espazo, o ritmo, a coordinación, a expresividade corporal e a comunicación non verbal, favorecendo que cada participante descubra novas formas de habitar o escenario.

A formación desenvolverase ao longo de 8 sesións entre marzo e xuño, os luns de 11:00 a 12:30  ou  17:30 a 19:00

17:30 a 19:00, nas seguintes datas: 16 e 23 de marzo; 13 e 27 de abril; 11 e 25 de maio; 1 e 8 de xuño.

Sesións

SESIÓN 1

Toma de contacto co grupo e exploración da consciencia corporal, a respiración e a presenza escénica.

SESIÓN 2

Traballo da relación corpo–espazo a través de desprazamentos, niveis e ocupación escénica.

SESIÓN 3

Exploración de diferentes calidades de movemento (peso, enerxía, velocidade e intención).

SESIÓN 4

Introdución ao ritmo e á musicalidade aplicados ao movemento con elementos de danza contemporánea e afíns.

SESIÓN 5

Investigación de como o corpo expresa emocións e estados a través da improvisación.

SESIÓN 6

Creación de personaxes a partir da fisicalidade: camiñadas, posturas e dinámicas corporais.

SESIÓN 7 

Composición de pequenas secuencias escénicas integrando movemento, espazo e intención dramática.

SESIÓN 8

Peche do proceso cunha pequena mostra do traballo realizado e unha reflexión compartida sobre as ferramentas adquiridas durante o curso.

     O Obradoiro Literario de Francisco Castro é unha actividade pensada para todas aquelas persoas ás que lles gusta escribir e que, polos motivos que fosen, ata o de agora non tiveron oportunidade de lanzarse a facelo. Tamén para todos aqueles que xa escriben e que queren mellorar. En todo caso, é unha actividade dirixida a todas as persoas ás que lles gusta a literatura.
      A través de técnicas moi sinxelas as e os participantes, dende o primeiro minuto do Taller, enfrontaranse a unha actividade fundamentalmente lúdica centrada no valor de escribir dende a posta en práctica de formulacións amenas e participativas.

Sesións

SESIÓN 1: ESCRIBIR É DESCRIBIR

Aprenderemos a atopar a mirada literaria. O punto de partida dunha historia é atopar a voz narradora.

SESIÓN 2: O PODER DA IMAXINACIÓN

Todos levamos historias dentro que contar. Aprenderemos a atopar, e a poñer ao noso favor, os desencadeantes das historias.

SESIÓN 3: A LITERATURA SERVE PARA FALAR DO MUNDO

A través de sinxelas técnicas de escritura, aprenderemos o poder da literatura para o coñecemento e para o autocoñecemento. Como escribimos é como somos.

SESIÓN 4: A LITERATURA E A MEMORIA

As boas historias son as que conseguen evocar. Aprenderemos como utilizar a nosa vida e experiencia como material literario.

SESIÓN 5: AS FORMAS DA LITERATURA

O relato, a novela, o poema, o microrrelato, a prosa poética… Practicaremos todos os xéneros ata atopar o que máis nos convén.

SESIÓN 6: O CREADOR

Aprenderemos a construír historias completas, rematadas, definitivas, con personaxes vivas, coherentes, cribles. Buscaremos a verdade literaria dando vida a personaxes verídicas.

SESIÓN 7: A MEMORIA LITERARIA

Todo pode ser literatura. A anécdota ben contada é literatura. Vidas de novela. Literaturizar a vida.

SESIÓN 8: HISTORIAS, CONTOS, O PODER DA PALABRA

Dedicaremos a última sesión a reflexionar sobre a importancia das boas historias. Son as que nos namoran. A quen lle desgusta un conto ben contado?

DOCENTE

Sonia Garrido

Graduada na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD, 2017–2021). Complementou a súa formación con diversos cursos especializados en interpretación e preparación ao casting.

Realizou unha estancia Erasmus na Janáček Academy of Music and Performing Arts (JAMU) de Brno, na República Checa.

Iniciou a súa formación na Escola Municipal de Danza de Vigo.

COMPARTIR É VIVIR!

CURSOS RELACIONADOS

CURSO PRESENCIAL

TEATRO BÁSICO: CURSO DE VERÁN INTENSIVO

O teatro é unha ferramenta fundamental non só para o artista se non para a vida de todas as persoas adultas. Este curso propicia a comunicación e a empatía, e axúdache a expresarche con espontaneidade e plenitude.

Ler Máis >>
CURSO PRESENCIAL

CAMPAMENTO TEATRAL DE VERÁN

O curso vai orientado a nenos e nenas de 6 a 14 anos que teñan interesa en coñecer o mundo do teatro e descubrir as súas habilidades como intérpretes. Utilizaremos o corpo e a voz como instrumentos primordiais de traballo. E iniciaremos ao alumnado no xogo teatral, a través da técnica da improvisación.

Ler Máis >>

E quizá pódeche interesar

CURSO PRESENCIAL

FORMACIÓN TEATRAL AVANZADA

O obxectivo destas clases é perfeccionar os coñecementos metodolóxicos na proxección artística, desenvolver as técnicas de actuación e coñecer os aspectos máis relevantes dos diferentes xéneros dramáticos.

Ler Máis >>
CURSO ONLINE

OBRADOIRO PRE-GRAVADO: DRAMATURGAS PANTASMA POR FERNANDO EPELDE

Dramaturgas Pantasma de Fernando Epelde, entra no universo dos “Escritores pantasma” . Ao longo da sesión, o polifacético dramaturgo, director, actor e músico, desandará o camiño que lle levou a completar dúas dramaturxias contemporáneas opostas, pero que comparten unha xestación de encarga, na que resultaba necesario responder a requirimentos moi específicos. OTHELLO, dirixida por Marta Pazos.

Ler Máis >>

Gracias por tu interés

Te responderemos a la mayor brevedad.

Y solo usaremos tus datos para atender a tu solicitud de información, pero si te interesan nuestras actividades y quieres mantener el contacto, puedes suscribirte al boletín.

Hasta pronto!

Abrir chat
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?