DRAMATIZACIÓN
Desenvolvemento e expresión coa práctica teatral
Modalidade presencial
Para nenos e nenas entre 4 e 8 anos.
Este curso permitirá ao alumno/para manifestarse e expresar as súas ideas, vivencias, afectos ou sentimentos e comunicarse cos demais a partir da utilización da voz, do corpo, do tempo, do ritmo e do espazo. Os participantes achegaranse aos poucos, de forma amena e práctica, aos diferentes rexistros do sistema teatral.
Temporalización
Organizarase en 1 sesión dunha hora no período comprendido entre outubro e xuño
Obxectivos xerais
- Experimentar o xogo teatral como ferramenta de desinhibición, autocoñecemento e integración.
- Explorar o mundo das emocións e os sentimentos para favorecer o desenvolvemento emocional e a empatía.
- Desenvolver o movemento corporal (xa sexa movemento corporal libre ou organizado)
Contidos
UNIDADE DIDÁCTICA I: PSICOMOTRICIDADE, RITMO E EXPRESIÓN CORPORAL
- Toma de conciencia do propio corpo
- Bases métrico-rítmicas
- Movemento expresivo e mímica
UNIDADE DIDÁCTICA II: XOGO DRAMÁTICO
- Xogamos, coñecémonos e aprendemos: xogos de presentación, de distensión, de desenvolvemento da atención e concentración, de desenvolvemento da memoria, de imaxinación, de relaxación, de voz, de percepción auditiva, de percepción visual, de percepción olfactiva e táctil, xogos de opinión persoal.
- Expresión de sentimentos.
- Xogos de imaxinación e sensibilidade. Individual e colectiva. Expresión libre.
- Dramatización e representación de situacións, historias, contos, textos, poemas…
Metodoloxía
A metodoloxía será activa e participativa. O protagonista será o propio alumno/a e iso supoñerá ter en conta o que sente, necesita, expresa e demanda, considerando o coñecemento que lle achegan as súas propias vivencias.
DOCENTE
Noa CoveloLicenciada en Arte Dramática na especialidade de Interpretación Xestual pola ESAD de Galicia
Noa Covelo, licenciada en Arte Dramática na especialidade de Interpretación xestual, comeza o seu desenvolvemento profesional coa xira galega do espectáculo musical As Andanzas de Paio, que compaxina coa docencia en danza infantil. Aproveita a oportunidade de crear un espectáculo para o seu proxecto final de carreira que despega ao ano seguinte coa coprodución do Centro Dramatico Gallego e Butacazero, # CAMIÑOS que vira por toda Galicia. Durante esta segunda xira, chégalle un papel para a película Maria Solinha de Ignacio Vilar e realiza outros proxectos audiovisuais como anuncios e videoclips. En 2018 únese á compañía de teatro contemporáneo Inherente, coa que realiza espectáculos performáticos e de teatro físico, é o seu lugar de experimentación e renovación artística actual, en 2019 producen O rapto de Proserpina e Velliñas, actualmente en xira. No ámbtio da docencia continua impartindo danza e teatro para todas as idades en diferentes espazos. A súa paixón polo teatro como pola docencia marcan a súa carreira profesional e persoal.
- Datas: Ata o 29 de xuño de 2022
- Horario: Mércores de 17:45 a 18:45
- Lugar: Imaxinatea Lab Creativo. Praza Francisco Fernández del Riego, nº 3 local 5 C. 36203 Vigo
- Perfil do alumnado: Desde os 4 ata os 8 anos
- Profesora: Noa Covelo
- Información: 986 120 024 - 685 852 015, ou a través do email contacto@imaxinatea.es
- Prezos: Matrícula: 30 € / Mensualidade: 32 €