CURSO DE PREPARACIÓN PROBAS DE ACCESO ARTE DRAMÁTICA 2023
Prepara a túa proba de acceso con apoio profesional
Non perdas a oportunidade de vivir e sentir o teatro
En IMAXINATEA LAB CREATIVO, sabemos que alcanzar os soños require esforzo e ofrecemoste diferentes propostas para conseguilo.
Prepárache connosco as PROBAS DE ACCESO AS ESCOLAS SUPERIORES DE ARTE DRAMÁTICA, da man dunha experta docente que che guiará cara a consecución de teu obxectivo.
As clases serán impartidas por unha profesional cunha ampla traxectoria como docente e actriz.
DOCENTE
Eva Vila
Licenciada en Arte Dramática pola RESAD de Madrid. Máster en Artes Escénicas pola
Universidade de Vigo.
Cofundadora da compañía de teatro infantil A Tola Motora. Traballou nas compañías Teatro Aforo,
Arte Pingüe Teatro, Vos Quinquilláns Teatro de Rúa, Teatro do Silencio e Teatro dos Sentidos. Narradora
oral en foros universitario s de Bogotá; bibliotecas, feiras do libro e escolas de primaria de Galicia e en cafés
teatro de Madrid.
Realizou cursos de formación con Eduardo Vasco, Alfredo Padilla, José Luis Raymond, Abraham Celaya,
Jean Marie Binoche, Juan Carlos Agudelo, Gabriel Gu imard e Francisco Garzón Céspedes.
Impartiu clases de teatro en academias privadas, Vogalía dá muller do Concello de Vigo, asociacións e
escolas de primaria. Actualmente, imparte clases de Interpretación na Escola Municipal de Teatro de Vigo
e colabora habitualmente, como actriz, na sala de teatro independente Teatro Aforo.
-
Datas: Semana 1 (Desde o luns 19 ao venres 23 de xuño)/ Semana 2 (Desde o luns 26 ao venres 30 de xuño)
- Horarios:De 11:00 a 13:00h
- Lugar: Imaxinatea Lab Creativo. Praza Francisco Fernández del Riego, nº 3 local 5C. 36203 Vigo
- Profesor: Eva Vila
- Prazas: Grupos reducidos
- Inscrición: Aberta
- Información: 986 120 024 - 685 852 015, ou a través do email contacto@imaxinatea.es
- Prezo: 130 € por semana ( 20% de desconto por dúas semanas)