CURSO DE MÁRKETING ACTORAL: “SEN FLIPARSE DEMASIADO”

A marca persoal do actor ou actriz 2.0.

Estratexias de márketing que axudan ás actrices e actores a promocionar a súa imaxe.

Introdución

Creo que algo se nos está indo das mans, somos actrices e actores, non coca-cola.

Tireime do 2019 ao 2021 investigando sobre márketing actoral, realizando cursos, facéndome unha web, aplicando tácticas de venda á miña comunicación cos directores de casting e as produtoras, facendo persoal branding, e-mail márketing e unha chea de termos en inglés que che deixan un pouco “over”.

Todos estamos desesperados por traballar e temos que aprender a movernos nos tempos que vivimos, pero creo que debemos parar e facer un pequeno exercicio de reflexión sobre se “temos que facer” todo o que se supón que unha actriz/actor “debe facer para triunfar”.

E isto é algo que espero que che leves desta experiencia; a capacidade de detectar o que necesitas a título individual para seguir desenvolvendo a túa carreira.

Espero que isto che sirva para ser un pouco máis eficaz no teu día a día, para ver o sector con algo máis de perspectiva e cunha visión máis acougada.

E sobre todo espero que como tantas outras alumnas e alumnos comprendas que significa aplicar márketing actoral “sen fliparse demasiado”.

Que é o márketing actoral?

Márketing actoral ou márketing para actores, fai referencia ao conxunto de estratexias de márketing que axudan aos actores para promocionar a súa imaxe, darlles unha presenza dentro da rede e dos seus círculos de interese.

Aumentando a súa visibilidade e por tanto, as súas oportunidades de atopar traballo a través dun bo desenvolvemento da súa marca persoal e das súas ferramentas dixitais en consecuencia. Sexan estas videobook, photobook, redes sociais ou páxina web.

Temporalización

Este curso desenvolverase o sábado 3 de xullo de 10:00 a 14:30.

Que imos a aprender?

O curso estará composto por 4 bloques que se desenvolverán a través de exercicios de simulación (roleplay) análise de material promocional, e algo de teoría crave sobre márketing aplicado a actrices e actores.

  • Bloque 1: O proceso de selección do actor/actriz
  • Bloque 2: O noso modelo de mercado
  • Bloque 3: A marca persoal do actor/actriz 2.0
  • Bloque 4:  O desenvolvemento dun marketing lóxico e ético

Obxectivos

  • Comprender o desenvolvemento dun material promocional eficaz (Videobook, photobook, redes sociais, web)
  • Comprender os procesos de selección/casting
  • “Ser fácil de atopar para os que nos buscan”
  • Comprender as estratexias dunha boa comunicación e desenvolvemento profesional
  • Comprender os puntos básicos para xerar unha marca persoal
  • Tomar consciencia das barreiras do mercado e o seu funcionamento para poder continuar a súa carreira cunha actitude máis proactiva, colaborativa e serena
  • Desenvolver o teu propio plan de vendas básico

DOCENTE

Yago Durán

Licenciado en Arte Dramático na especialidade de Interpretación textual.

Comezo no mercado laboral con 18 anos como asesor comercial, algo que marcou o desenvolvemento da miña carreira e os meus estudos cun ollo posto na parte creativa e a actuación e o outro no márketing. Ao longo dos últimos anos compaxinei os meus estudos e a miña carreira como actor e presentador con traballos no sector das vendas, a animación sociocultural, a música, a pedagoxía infantil e o sector turístico.

Tiven a sorte de traballar como actor en proxectos moi diferentes. Presentador de documentais, series, curtametraxes, espectáculos de terror e teatro de cores moi diferentes.

Termino os estudos de arte dramática tras realizar un longo proceso de investigación sobre o márketing B2 B e as súas posibles aplicacións ao desenvolvemento profesional de actores e actrices.

Esta investigación co paso dos meses converteuse nun proxecto que pretende formar actrices e actores en márketing actoral, así como darlles soporte noutros aspectos da súa carreira.

Actualmente tras pasar o último ano en Istambul entre pequenas formacións e traballo en producións audiovisuais, volvo a Galicia para continuar a miña carreira e seguir traballando, formándome e sobre todo aprendendo.

 

COMPARTIR É VIVIR!

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin

CURSOS RELACIONADOS

CURSO PRESENCIAL

Curso de RISOTERAPIA E HUMOR antiestrés

Procurar nosa mellor risa e os mellores métodos de provocar a risa é algo que se aprende. Iso é a risoterapia, utilizar a risa como camiño para liberar as tensións do corpo con diferentes técnicas (como a expresión corporal, o xogo, a danza, exercicios de respiración e masaxes) e así poder chegar á gargallada

Ler Máis >>

E quizá pódeche interesar

CURSO PRESENCIAL

CURSO DE VERÁN: TEATRO, CREATIVIDADE E MÚSICA

Destinado a nenas e nenos entre 7 e 14 anos, este curso é unha oportunidade para que o alumnado comprenda e involúcrese na arte, experimentando a fusión entre o teatro e a música.
Englobar á música noutros campos como o teatral, desenvolve capacidades expresivas e perceptivas.

Ler Máis >>
CURSO PRESENCIAL

PINTURA E DEBUXO PARA ADULTOS E MOZOS

Un taller que persegue espertar a creatividade a través de exemplos artísticos do mundo actual, motivando a reinterpretación persoal e descubrindo novas estratexias de comunicación. Pintura, escultura, modelado e gravado, introducen a expresión pictórica e espacial como parte das competencias básicas da aprendizaxe.

Ler Máis >>
CURSO PRESENCIAL

A EMOCIÓN DA COR

Un taller que persegue espertar a creatividade a través de exemplos artísticos do mundo actual, motivando a reinterpretación persoal e descubrindo novas estratexias de comunicación. Pintura, escultura, modelado e gravado, introducen a expresión pictórica e espacial como parte das competencias básicas da aprendizaxe.

Ler Máis >>

Gracias por tu interés

Te responderemos a la mayor brevedad.

Y solo usaremos tus datos para atender a tu solicitud de información, pero si te interesan nuestras actividades y quieres mantener el contacto, puedes suscribirte al boletín.

Hasta pronto!