CURSO DE ESCENAS DE ACCIÓN PARA ACTRICES E ACTORES

Orientado a interpretar de forma crible e segura escenas de acción

Descrición

Este curso está enfocado á formación de actrices, actores e deportistas que teñan interese en cinema, teatro e televisión. O noso obxectivo é axudar á creación dun personaxe crible de fronte ao espectador á hora de rodar escenas de acción, por exemplo soster unha pistola ou arma branca correctamente, dar ou recibir golpes de maneira crible, caer de maneira segura.

Temporalización

3 sesións de 4 horas cada unha

Perfil do alumnado:

  • Maiores de 16 anos ( para menores de idade solicitarase autorización de titores legais )
  • Máximo 12 alumnos por grupo.

A inscrición inclúe un seguro de accidentes durante a realización do curso e a entrega dun certificado da formación recibida.

Contidos

SESIÓN 1

  • Armas

Principios do uso de diferentes armas como espadas, coitelos, paus, etcétera, tanto empuñalas como usalas contra outra persoa.

  • Loita corpo a corpo

-Principios de lóitaa corpo a corpo sen armas, é dicir, mediante o uso de cabezazos, cotenadas, puñadas, golpes co xeonllo, patadas, agarres, etcétera.
-Posicións corporais para realizar estes movementos de maneira segura e crible.

  • Acuses e reacción

-Principios do manexo do propio corpo para acusar impactos de bala ou os golpes. -Reaccionar a estes de forma crible e profesional con distancias de seguridade.
-Un bo e crible control corporal do personaxe.
-Principios de como empuñar e moverse correctamente portando un arma de fogo #ante a cámara. 

  • Caídas

-Caer de forma segura e crible ao recibir un impacto (sexa de bala, de arma branca ou contundente, un golpe en loita corpo a corpo ou outros tipos de caídas)

SESIÓN 2

  • Repaso de sesión 1

Re-Repaso do aprendido na anterior sesión para que todos os conceptos estean claros.

  • Creación e planificación de escenas de acción

-Principios para a planificación dunha escena de acción, desde o punto de vista interpretativo.

-Principios da rodaxe e montaxe destas escenas, como preparalas para que queden ben en pantalla.

  • Proxecto final

-Os alumnos expoñerán por parellas ou en grupos de tres unha montaxe que preparasen anteriormente pola súa conta coa colaboración e consello do profesor, no que demostren o aprendido de maneira práctica para realizar con soltura as escenas atendendo ás instrucións dun director de cinema, teatro, televisión ou casting.

Galería de imaxes​

Todas as imaxes foron cedidas por Miguel Ángel Luque para a súa reprodución
Docente

Miguel Ángel Luque

 Membro de The British Stunt Register

Con máis de 25 anos de experiencia en espectáculos en vivo, teatro cinema e televisión nacional e internacional. 

Participación en series e películas internacionais:

  • Juego de Tronos
  • Terminator: Destino oscuro
  • The Eternals
  • Fast X
  • Los Mercenarios 4
  • Napoleón

Participación en series e películas españolas:

  • La Peste
  • El ministerio del tiempo
  • Servir y proteger
  • Brigada Costa del Sol

COMPARTIR É VIVIR!

CURSOS RELACIONADOS

CURSO PRESENCIAL

TEATRO BÁSICO: CURSO DE VERÁN INTENSIVO

O teatro é unha ferramenta fundamental non só para o artista se non para a vida de todas as persoas adultas. Este curso propicia a comunicación e a empatía, e axúdache a expresarche con espontaneidade e plenitude.

Ler Máis >>
CURSO PRESENCIAL

CAMPAMENTO TEATRAL DE VERÁN

O curso vai orientado a nenos e nenas de 6 a 14 anos que teñan interesa en coñecer o mundo do teatro e descubrir as súas habilidades como intérpretes. Utilizaremos o corpo e a voz como instrumentos primordiais de traballo. E iniciaremos ao alumnado no xogo teatral, a través da técnica da improvisación.

Ler Máis >>

E quizá pódeche interesar

CURSO PRESENCIAL

FORMACIÓN TEATRAL PARA NENOS E NENAS

Nesta formación, proporcionamos recursos interpretativos centrándonos no desenvolvemento da expresión dunha maneira activa e dinámica, potenciando a sensibilidade, as posibilidades creativas e a capacidade de descubrirse a si mesmo, para expresarse con espontaneidade e plenitude.

Ler Máis >>
CURSO PRESENCIAL

FORMACIÓN TEATRAL AVANZADA

O obxectivo destas clases é perfeccionar os coñecementos metodolóxicos na proxección artística, desenvolver as técnicas de actuación e coñecer os aspectos máis relevantes dos diferentes xéneros dramáticos.

Ler Máis >>

Gracias por tu interés

Te responderemos a la mayor brevedad.

Y solo usaremos tus datos para atender a tu solicitud de información, pero si te interesan nuestras actividades y quieres mantener el contacto, puedes suscribirte al boletín.

Hasta pronto!

Abrir chat
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?