TEATRO BÁSICO: CURSO DE VERÁN INTENSIVO

Desenvolvemento e expresión coa práctica teatral

DESENVOLVEMENTO E EXPRESIÓN COA PRÁCTICA TEATRAL

Na nosa formación, proporcionamos recursos interpretativos centrándonos no desenvolvemento da expresión dun xeito activo e dinámico, potenciando a sensibilidade, as posibilidades creativas e a capacidade de descubrirse a si mesmo, para expresarse con espontaneidade e plenitude.

Aos poucos e a través dunha metodoloxía práctica, o alumnado acercarase ao coñecemento da estrutura básica do sistema teatral.

Temporalización

Este curso desenvolverase do 4 ao 8 de e do 11 ao 15 de xullo en horario de 20:00 a 21:30.

Poderase asistir a unha semana ou ás dúas 

Obxectivos xerais

  • Establecer relacións interpersoais que favorezcan o proceso de aprendizaxe.
  • Potenciar a cohesión do grupo.
  • Estimular a toma de conciencia das propias capacidades expresivas e comunicativas a partir do traballo individual e de grupo.

Obxectivos específicos

  • Desenvolver a autoestima, a imaxinación, a creatividade e a sensibilidade estética e artística necesarias para o estudo e práctica da arte teatral.
  • Romper bloqueos e inhibiciones persoais.
  • Tomar conciencia do propio esquema corporal para desenvolver un análise e unha exercitación das posibilidades de movemento.
  • Desenvolver a espontaneidade, a imaxinación e a orixinalidade para promover unha conduta creativa.
  • Exercitar a voz para desbloquear as posibilidades vocais inutilizadas.
  • Experimentar as técnicas de improvisación para desenvolver a espontaneidade.
  • Respectar, aceptar e valorar positivamente as ideas, pensamentos e sentimentos dos demais para unha boa convivencia de grupo.
  • Teatralizar un texto e interpretalo escénicamente.

Contidos

RECURSOS INTERPRETATIVOS

A metodoloxía utilizada adaptarase a cada grupo/idade de referencia:

  • Elementos dramáticos
  • Creación de personaxes
  • Improvisacións: individuais, con dous personaxes e colectivas
  • Espontaneidade corporal
  • Espazo: crear e modificar espazos dramáticos

EXPRESIÓN CORPORAL-RÍTMICA E VOCAL

A metodoloxía utilizada adaptarase a cada idade de referencia:

O CORPO

  • Zoas e centros corporais: movemento e expresividade
  • Xogos de expresión
  • O xesto
  • Traballo co espazo e no espazo
  • Traballo de ritmo, equilibrio e coordinación

A VOZ

  • Liña melódica
  • Intensidade
  • Ton
  • Timbre
  • Axuste da voz aos significados
  • Caracterización dos personaxes pola voz
  • Os coidados da voz

PRÁCTICA ESCÉNICA

A metodoloxía utilizada adaptarase a cada idade de referencia:

  • Aproximación ao texto: selección, comentario e análise
  • Análise das linguaxes dramáticas contorno ao texto e elementos de significación
  • Contexto histórico
  • Temática
  • Equipos de traballo
  • Planificación e realización dos ensaios
  • A representación

Metodoloxía

Todos os coñecementos técnicos referiranse sempre á realidade aplicable por cada alumno/a, coa finalidade de crear un ambiente propicio para o cambio de impresións e ao acercamento de ideas e diferentes puntos de vista. O contido deseñarase a modo de guión aberto, dinámico e vivo, de maneira que o alumnado vease obrigado á participación total e directa1

Brais Iriarte

Licenciado en Arte Dramática pola ESAD de Galicia. Formado no Conservatorio de Tui en guitarra eléctrica.

Formado no Conservatorio de Tui en guitarra eléctrica. Músico multinstrumentista e cantante formado en Galicia e Portugal. Traballou en diversos proxectos teatrais como “Se fosen turistas levarían lentes de sol”, “A lingua  na boca”, “A  lingua de contrabando” ou “Pedro Madruga” non Castelo de Soutomaior.

Traballou e formouse como actor en diversos países: España, Portugal, Arxentina ou Uruguai. Colaborou con proxectos musicais como Le BarLuthier, Fan Blues, Dudecan, Dr do ruído, Ejazz Band ou Los Lentos, e con artistas como Pablo Novoa, Nicolás Pastoriza,  Litus Ruiz ou Serafín Carballo. Foi baixista e vocalista do programa da Televisión de Galicia  Heicho cantar queridiña.

Actualmente é director da compañía Limiar Teatro e actor/músico da compañía de teatro Negro López.

COMPARTIR É VIVIR!

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin

CURSOS RELACIONADOS

CURSO PRESENCIAL

FORMACIÓN TEATRAL PARA NENOS E NENAS

Nesta formación, proporcionamos recursos interpretativos centrándonos no desenvolvemento da expresión dunha maneira activa e dinámica, potenciando a sensibilidade, as posibilidades creativas e a capacidade de descubrirse a si mesmo, para expresarse con espontaneidade e plenitude.

Ler Máis >>

E quizá pódeche interesar

CURSO ONLINE

OBRADOIRO PRE-GRAVADO: “O CADERNO DA DRAMATURGA, A ORIXE DAS ESPECIES LÁZARO”

O caderno da dramaturga: a orixe das Especies Lázaro é un espazo de encontro e reflexión con Vanesa Sotelo, autora e directora do espectáculo Espécies Lázaro, que a compañía portuguesa Teatro Art’ Imagem presenta o 8 de xullo no marco da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. De carácter virtual, a sesión ofrece a oportunidade de descubrir as claves que inspiraron o proxecto e de profundar na súa estrutura, así como a posibilidade de coñecer as diferentes etapas da súa escritura co obxectivo de analizar de forma conxunta tanto o seu contido como o proceso creativo das persoas participantes.

Ler Máis >>
CURSO PRESENCIAL

DRAMATIZACIÓN

Este curso permitirá ao alumno/a manifestarse e expresar as súas ideas, vivencias, afectos ou sentimentos e comunicarse cos demais a partir da utilización da voz, do corpo, do tempo, do ritmo e do espazo. Para nenos e nenas entre 4 e 8 anos.

Ler Máis >>

Gracias por tu interés

Te responderemos a la mayor brevedad.

Y solo usaremos tus datos para atender a tu solicitud de información, pero si te interesan nuestras actividades y quieres mantener el contacto, puedes suscribirte al boletín.

Hasta pronto!