PINTURA E DEBUXO PARA ADULTOS E MOZOS

Comunicación e expresión mediante a pintura

Modalidade presencial

Un taller que persegue espertar a creatividade a través de exemplos artísticos do mundo actual e motivar cara á reinterpretación persoal, descubrindo a través da experiencia plástica novas estratexias de comunicación. Os talleres de pintura, escultura, modelado e gravado, introducen a expresión pictórica e espacial como forma de comunicación non exclusiva do ámbito artístico unicamente, senón parte das competencias básicas da aprendizaxe.

O obxectivo máis preciso das clases é a procura da produción de algo íntimo e persoal a través do proxecto artístico. Pode ser unha experiencia liberadora, tanto para aqueles que empezan, como para os que desexan perfeccionar.

O proceso creativo, desenvolto nos talleres, integrará:

  • Flexibilidade e diversidade á hora de entender as ideas
  • Reflexión e valoración dos posibles métodos a utilizar
  • Autonomía para atopar unha resposta personalizada
  • Mirada crítica da contorna e das nosas propostas

Temporalización

Organizarase en 1 sesión dunha hora no período comprendido entre outubro e xuño

Obxectivos Xerais

Podemos destacar:

  • Coñecer e aplicar distintos procedementos/técnicas da pintura (debuxo, modelado, etc).
  • Recoñecer diversos materiais e medios de expresión artística e aprender a utilizalos axeitadamente.
  • Espertar e dinamizar a imaxinación e a creatividade.
  • Potenciar a expresión conceptual e emocional a través de procedementos plásticos.
  • Reflexionar e analizar o mundo visual que nos rodea, potenciando as nosas sensibilidades.
  • Desenvolver a coordinación visual e manual.
  • Aprender a desenvolver rutinas e consolidar determinados hábitos como a orde, a limpeza e conservación de ferramentas de traballo e de materiais, o que nos levará tamén a saber dar valor ás cousas.
  • Descubrir a satisfacción dun lecer compartido, respectando o traballo dos compañeiros e colaborando nos proxectos grupais do taller.

Obxectivos Específicos

Co desenvolvemento de cada actividade no taller, pretenderanse alcanzar diversos obxectivos máis concretos e relacionados coas experiencias que se realizan en cada sesión:

  • Desenvolver e potenciar a estíma de si mesmo e a capacidade de expresión a través da experimentación e expresión plástica.
  • Espertar a creatividade, a imaxinación, o gusto pola estética e o espírito de superación, a través da imaxinación e desenvolvemento das ideas.
  • Incrementar a percepción visual e destreza manual, mediante a observación.
  • Gozar manipulando e practicando con materiais novos e diversos, coñecendo as novas posibilidades que se nos presentan e as súas propiedades expresivas.
  • Interpretar e valorar as creacións persoais e as dos compañeiros cunha actitude crítica e respectuosa, co fin de seguir avanzando motivándonos.
  • Sentir curiosidade por descubrir e reinterpretar elementos da nosa contorna próxima.
  • Espertar a conciencia de hábitos e usos responsables de recursos e materiais de reciclaxe, explorando as posibilidades artísticas de obxectos e materiais de uso cotián.

Contidos

  • Desenvolvemento da formación artística-plástica a través do debuxo e a pintura das representacións de formas e estruturas bidimensionais e tridimensionais. Aplicación práctica das técnicas básicas de Debuxo e Pintura aprendidas con anterioridade. Desenvolvemento dun proxecto(s) específico propio de creación artística.
  • Estudos avanzados do natural desde distintos conceptos de valoración gráfica e pictórica do modelo, obxecto ou concepto:  claro-escuro, liña, cor, etc.
  • A idea de realidade. O imaxinario e o representado; o corpo; metáforas do corpo.
  • A idea de estratexia e procesos. Referencias, fontes, documentación, plan a trazar, modelos de actuación.
  • Estratexias de debuxo. Problemas técnicos, materiais, medios tradicionais e novos medios; o apuntamento, o bosquexo, o estudo, o proxecto, etc.
  • Compoñentes e medios básicos nas imaxes pictóricas.
  • Referencia, correspondencia e interrelación dos elementos plásticos.
  • Criterios e recursos para a conformación de propostas pictóricas complexas.
  • Ámbitos da representación, experimentación, transformación e invención.

Metodoloxía

Durante o curso poderanse desenvolver algunhas das actividades, prácticas ou proxectos seguintes, ou outras de obxectivos ou natureza similares:

  • Proxectos de debuxo e pintura que se irán realizando co seguimento e asesoramento personalizado da profesora derivados de:
    • Aproximación teórica con presentación de referentes ao tema proposto.
    • Lecturas e comentario de textos.
    • Visionado de películas.
  • Visitas a exposicións (individual e en grupo).
  • As sesións desenvolveranse dentro e fóra da aula, conquistando outros espazos, adaptándose á natureza dos proxectos.
  • Exposición final colectiva nalgún espazo por definir.
  • Aula expandida: creación dun blog colectivo para compartir tanto o proceso dos proxectos propostos como todas as actividades que viran ao redor dos mesmos. Servirá de galería virtual para mostrar os traballos que se vaian realizando.
  • Presentacións colectivas e públicas en clase dos proxectos realizados.

COMPARTIR É VIVIR!

CURSOS RELACIONADOS

CURSO ONLINE

CURSO DE CÓMIC PARA NENOS E NENAS EN LIÑA

Este curso está especialmente deseñado para que os máis pequenos tamén poidan introducirse neste mundo máxico, desfrutalo, usar a súa imaxinación e á vez, aprender a desenvolver as súas aptitudes artísticas. E aínda máis importante: non necesitan saber debuxar, só é necesario ter ganas de divertirse.

Ler Máis >>

INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA ARTÍSTICA

O curso ten como obxectivo xeral capacitar ao alumno para realizar tomas fotográficas dixitais, entender o proceso fotográfico e realizar prácticas en diferentes temas fotográficos, así como a iniciación na aprendizaxe da linguaxe visual, adentrándose no estudo dos grandes mestres da fotografía.

Ler Máis >>

E quizá pódeche interesar

CURSO ONLINE

OBRADOIRO PRE-GRAVADO: DRAMATURGAS PANTASMA POR FERNANDO EPELDE

Dramaturgas Pantasma de Fernando Epelde, entra no universo dos “Escritores pantasma” . Ao longo da sesión, o polifacético dramaturgo, director, actor e músico, desandará o camiño que lle levou a completar dúas dramaturxias contemporáneas opostas, pero que comparten unha xestación de encarga, na que resultaba necesario responder a requirimentos moi específicos. OTHELLO, dirixida por Marta Pazos.

Ler Máis >>

Gracias por tu interés

Te responderemos a la mayor brevedad.

Y solo usaremos tus datos para atender a tu solicitud de información, pero si te interesan nuestras actividades y quieres mantener el contacto, puedes suscribirte al boletín.

Hasta pronto!

Abrir chat
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?