FORMACIÓN TEATRAL AVANZADA
Xéneros e tendencias teatrais
Nos cursos de Teatro Avanzado I e II, para mozos e adultos, profundamos nos principios e fundamentos que permiten utilizar correctamente o seu corpo e a voz, en función dunha linguaxe non realista e realista a través do traballo en diferentes xéneros e tendencias teatrais.
Temporalización
Cada obradoiro desenvolverase nunha única sesión semanal dunha hora e media no período outubro-xuño.
Obxectivos xerais
- Perfeccionar os coñecementos e hábitos metodolóxicos na proxección artística.
- Desenvolver as capacidades, hábitos e habilidades encamiñadas ao dominio das técnicas de actuación e as súas posibilidades creadoras.
- Coñecer os aspectos máis relevantes dos diferentes xéneros dramáticos.
- Potenciar a cohesión de grupo.
Obxectivos específicos
- Mellorar a presenza escénica do actor.
- Dotar ao alumno de recursos corporais e vocais para que poida trasladalos a escena.
- Mellorar a dicción do actor.
- Traballar os focos de expresión corporais e vocais.
- Mellorar as capacidades de memorización de textos dos alumnos.
- Potenciar a capacidade creadora.
- Traballar a escoita en escena.
- Traballar con ruptura da cuarta parede.
Contidos Formación Teatral Avanzada I:
RECURSOS INTERPRETATIVOS
- Elementos dramáticos
- Creación de personaxes
- Improvisacións: individuais e colectivas
- Musicalidade en escena
- Espontaneidade corporal
- Espazo: crear e modificar espazos dramáticos
EXPRESIÓN CORPORAL-RÍTMICA E VOCAL
O CORPO
- Motores corporais
- Traballo cos elementos
- Traballo de animalización
- Xogos de expresión
- O xesto
- Traballo co espazo e no espazo
- Traballo de ritmo, equilibrio e coordinación
A VOZ
- Dicción
- Liña melódica
- Intensidade
- Ton
- Timbre
- Axuste da voz aos significados
- Caracterización dos personaxes pola voz
- Os coidados da voz
PRÁCTICA ESCÉNICA
- O texto: selección, comentario, análise e creación
- A partitura: creación e interpretación dunha partitura corporal, rítmica e vocal
- Análise das linguaxes dramáticas contorna ao texto e elementos de significación
- Contexto histórico
- Temática
- Equipos de traballo
- Planificación e realización dos ensaios
- A representación
Contidos Formación Teatral Avanzada II:
Primeiro trimestre
ACHEGAMENTO AO NOSO PROPIO CLOWN
Metodoloxía:
Na procura do propio clown atopamos o lado cómico dun mesmo e descubrimos que unha debilidade persoal convértese en forza teatral.
Non nos metemos na pel dun personaxe senón que descubrimos a parte clownesca que habita en nós.
Canto máis se deixe sorprender o actor polas súas propias debilidades con máis forza
aparecerá o seu clown.
Investigaremos que é o que nos fai tanta graza do clown, desde onde o buscamos, como é a súa ollada, o seu camiñar, a súa voz, traballando coa máscara máis pequena do mundo (o nariz vermello).
O taller é unha proposta de xogo e investigación onde nos achegaremos ao clown, ao seu imaxinario, a súa maneira única de resolver conflitos, a súa enerxía, a súa necesidade de comunicación.
– Procura individual do noso clown
• Ollada
• Autenticidade, sinceridade e espontaneidade
• Emocións
• Dualidades
• Linguaxe
– Improvisacións colectivas
• Escoita en escena
• Xenerosidade co compañeiro
• Complicidade e comunicación co público
“Curso de clown/adestramento actoral”
A comedia non se aprende: adéstrase. Hai que adestrar en captar a atención do público, na técnica de máscara, na precisión do gag, na xenerosidade co compañeiro. O adestramento proporcionará recursos para manter unha actitude aberta e dispoñible para calqeura tipo de personaxe.
A interpretación é un xogo no que debemos encontrar pracer. Mesmo se traballamos para un teatro serio, hai algo que debería estar terminantemente prohibido: que os nosos personaxes resulten… aburridos.
Como din os adestradores deportivos diante de partidos de máxima transcendencia: Sal e divírtete!
Profesor
Leonel García Laborde
Licenciado en Dirección Escénica polo Instituto Estatal de Cultura e Arte de Moscova. Rusia.
Máster de Artes escénicas pola Universidade de Vigo.
Doutorando de Estudos literarios. Relacións interartísticas. En a Universidade de Vigo.
Profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, (ESAD) Na especialidade de Dirección Escénica.
Profesor de Dirección de Escena, de Actores e Interpretación na Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia. (E.G.A.C.I.)
Profesora
Anna Cañadillas (Formación Avanzada II)
Formouse en diferentes estilos e métodos nas escolas Municipal de Vigo e Studis de Teatre en Barcelona, onde se especializa en teatro xestual e a maiores realiza un curso de pedagoxía teatral que lle acredita a ensinar a pedagoxía de Jacques Lecoq.Cursos e monográficos-Danza, con Olga Cameselle en Aartística.-Creación escénica con Alfredo Rodriguez e Olga Cameselle.-Workshop en artes escénicas co mestre Yoshi Oída na Universidade de Lisboa.-A conspiración do Butohclown con Moshe Cohen no festiclown.-La metamorfose nel teatro de xesto con profesores da escola Internacional Total Noveau Colombier.
Profesor
Santi Prego (Formación Avanzada II)
Profesor da ESAD-Galicia. Actor especializado en comedia física, que desenvolveu tanto no teatro (espectáculos de clown, bufón, commedia dell ´arte e obxectos) como en sketchs e series de televisión. Tamén traballa os personaxes desde o xogo como actor dramático en cine (Mientras Dure la Guerra, de Alejandro Amenábar) ou en thrillers (O Sabor Das Margaritas, e outras).
- Datas: De outubro de 2023 a xuño de 2024
- Horario: AVANZADO I: Xoves, de 20:00 a 21:30 horas. AVANZADO II: Martes, de 20:30 a 22:00
- Lugar: Imaxinatea. Praza Francisco Fernández del Riego, nº 3 local 5C. 36203 Vigo
- Perfil alumnado: A partir de 16 anos
- Profesor: Anna Cañadillas (Avanzado II) e Leonel García Laborde (Avanzado I)
- Prazas: Grupos reducidos
- Inscrición: Aberta
- Información: 986 120 024 - 685 852 015, ou a través do email contacto@imaxinatea.es
- Prezos: Matrícula: 50 € / Mensualidade: 63 € Bonificacións por pago anticipado trimestral ou anual. Consúltanos