Nosos espazos

No corazón da cidade

O local está distribuído en planta baixa e componse de vestíbulo, oficina, corredor, sala escénica, sala multiusos, espazo de traballo colaborativo, baños/camerino e almacén.

A sala escénica

A sala escénica é moderna, elegante e agradable. 

Está insonorizada e electrificada para funcionar como caixa escénica negra.

Ten un aforo de 25 prazas, con todo, pódese utilizar para traballos cun uso do espazo non convencional, pois se pode distribuír aos espectadores segundo a necesidade, xogar cos aforos e posicionar os focos teatrais de tecnoloxía led “Cop spot”, segundo o concepto do espectáculo. 

O espazo conta tamén con equipo de son portátil e wifi.

A súa versatilidade, permitelle converterse nun espazo perfecto para o traballo corporal e actoral, pois conta con tarima flotante e espellos.

A sala multiusos

A sala multiusos está habilitada para o desenvolvemento de formación de calquera característica, así como presentacións, proxeccións ou reunións. Conta cunha boa iluminación, mesas pregables para máis versatilidade, cadeiras tamén pregables e confortables, encerado, proxector e wifi.

ESPAZOS MODERNOS E CONFORTABLES, DOTADOS DE TODOS OS RECURSOS TÉCNICOS PARA AS ARTES ESCÉNICAS E VISUAIS

Un espazo de traballo inspirador

Temos un espazo colaborativo adaptado para facer traballo de despacho profesional. Ten unha boa iluminación, mesas de traballo, cadeiras de oficina ergonómicas, impresora, wifi e todas as comodidades para estimular a túa produtividade.

Aire acondicionado
e Calefacción

Para conseguir un ambiente óptimo en todas as salas en calquera momento do día.

Internet
WIFI

Sempre conectados a internet para poder compartir e seguir crecendo.

Seguridade con
Alarma

Como se de nosa propia casa se tratásese, unha maior tranquilidade para todos.

Servizo de
Limpeza

Para desfrutar dos nosos espazos limpos e agradables sempre.

Necesitas un espazo no centro de Vigo?

Imaxinatea é tamén un espazo de coworking artístico. Os nosos espazos están dispoñibles en alugueiro para traballar, impartir unha formación, facer unha reunión, unha exposición, unha proxección, un casting…

Xa sexa como espazo habitual ou para un proxecto concreto. Por exemplo, si vés a rodar ou a facer unha intervención artística a Vigo e necesitas un sitio onde aterrar, ensaiar, traballar cómodamente ou reunirche, Imaxinatea é o teu espazo.

CALQUERA DAS NOSAS SALAS OFRECEN DISTINTAS OPCIÓNS DE USO
VEN A VELAS E COMPRÓBAO

Grazas polo teu interese.

Responderémosche o máis axiña posible.

E só usaremos os teus datos para atender á túa solicitude de información, pero se interésanche as nosas actividades e queres manter o contacto, podes subscribirche ao boletín.

Até pronto!

Abrir chat
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?