Quen somos?

En Imaxinatea o teatro é unha escola de vida.

A nosa formación pódese dividir en tres bloques:

  • Formación para nenos e mozos
  • Formación para adultos
  • Formación avanzada

As actividades desenvólvense de forma presencial e en liña. A formación en liña facilítase a través de ActingHelps, a nosa plataforma educativa de teleformación.

Temos programas de formación anual, talleres monográficos e cursos de verán.

Por qué estudar teatro

A práctica do teatro é un exercicio de axilidade mental, compromiso e valentía.

Non é tanto unha disciplina como un marco de experiencia que permite realizar un conxunto moi variado de actividades.

Somos unha escola de artes escénicas e creatividade para profesionais e afeccionados. Se tes intereses culturais ou artísticos… este é o teu espazo!

Equipo docente

Somos un equipo con gran experiencia na formación escénica, a interpretación e a realización de espectáculos, e adaptámonos ás novas tecnoloxías e contornas colaborativas.

Liderado por Antonia Céspedes Balongo, docente, xestora e directora teatral, fundadora de Imaxinería S.L, empresa de servizos educativos, que desde o ano 2003 xestiona e imparte formación artística.

20 ANOS IMPARTINDO E XESTIONANDO FORMACIÓN ESCÉNICA

Coworking artístico

Necesitas un espazo no centro de Vigo?

Imaxinatea é tamén un espazo de coworking artístico. Un lugar para traballar, impartir unha formación, facer unha reunión, unha exposición, unha proxección, un casting…

Por que estudar teatro?

Desenvolvemento persoal

O teatro é considerado por moitos profesionais como unha ferramenta idónea para desenvolver a autoconfianza e seguridade nun mesmo, mellorando competencias como a de falar en público ou comunicarnos dun modo máis expresivo nas relacións persoais.

Habilidades sociais

A expresión dramática desenvólvese nun marco fundamentalmente grupal que permite traballar competencias vinculadas con sociabilidad, comunicación, creatividade, espontaneidade, resolución de problemas e habilidades de traballo en equipo.

Recurso pedagóxico

O xogo dramático e a expresión oral son técnicas que se pon ao servizo doutros procesos de aprendizaxe. A conexión máis obvia é o ensino de idiomas e a pedagoxía terapéutica pero hai outras moitas áreas que se poden beneficiar da expresión dramática como recurso pedagóxico.

Formación profesional

A arte dramática é unha formación profesional con múltiples perfís: formación actoral, dirección de escena, xestión cultural, escenografía, indumentaria, locución, dobraxe… Unha ampla paisaxe de oportunidades laborais moi interesantes hoxe en día.

En resumo poderiamos falar de tres enfoques:

Temos unha educación teatral de carácter xeral orientada á formación integral do ser humano, unha educación teatral instrumental noutras materias de estudo non directamente teatrais e por último unha educación teatral específica con diversos niveis de especialización.

Abrir chat
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?