CLASES DE BALDE
Hemos preparado estas clases para que nuestros niños y jóvenes prueben como funciona la metodología
Hemos preparado estas clases para que nuestros niños y jóvenes prueben como funciona la metodología
Un taller que persegue espertar a creatividade a través de exemplos artísticos do mundo actual, motivando a reinterpretación persoal e descubrindo novas estratexias de comunicación. Pintura, escultura, modelado e gravado, introducen a expresión pictórica e espacial como parte das competencias básicas da aprendizaxe.
Este curso está especialmente deseñado para que os máis pequenos tamén poidan introducirse neste mundo máxico, desfrutalo, usar a súa imaxinación e á vez, aprender a desenvolver as súas aptitudes artísticas. E aínda máis importante: non necesitan saber debuxar, só é necesario ter ganas de divertirse.
O curso está destinado a ensinar todas as posibilidades que debemos coñecer para a creación das nosas historias (creación de personaxes, movemento, expresións, guión, etc). As clases serán con intérprete, que estará no desenvolvemento de todas as sesións.
O curso ten como obxectivo xeral capacitar ao alumno para realizar tomas fotográficas dixitais, entender o proceso fotográfico e realizar prácticas en diferentes temas fotográficos, así como a iniciación na aprendizaxe da linguaxe visual, adentrándose no estudo dos grandes mestres da fotografía.