CAMPAMENTO TEATRAL DE VERÁN

Desenvolvemento e expresión coa práctica teatral

OBRADOIRO DE INICIACIÓN AO TEATRO

O curso vai orientado a nenos e nenas de 6 a 14 anos que teñan interesa en coñecer o mundo do teatro e descubrir as súas habilidades como intérpretes. Utilizaremos o corpo e a voz como instrumentos primordiais de traballo. E iniciaremos ao alumnado no xogo teatral, a través da técnica da improvisación.

Temporalización

Este obradoiro desenvolverase  do 4 ao 8 e do 11 ao 15 de xullo de 10:30 a 13:00 horas.

Poderase asistir a unha semana ou dúas.

Obxectivos xerais

  • Adestrar o corpo e a voz como instrumentos de comunicación.
  • Descubrir a expresión corporal e a xestualidade
  • Desenrolar as capacidades creativas
  • Coñecer a técnica da improvisación para achegarse ao xogo teatral
  • Iniciar al alumno na práctica escénica.

Contidos

  • Xogos de creatividade
  • Exercicios de deshinibición
  • Escoitar o noso corpo: relaxación e expresión
  • A voz: proxección e vocalización
  • A arte da improvisación

Práctica escénica

Creación dunha proposta escénica na que se incorporen os elementos dados neste curso.

Metodoloxía didáctica

Cada clase estará dividida en dúas seccións:

  1. A primeira parte estará dedicada a traballo físico de liberar tensión físicas. Coñecemento do corpo e as súas capacidades expresivas e creativas. Exploración dos recursos vocais dentro dun espacio teatral. Desenrolo de imaxinarios para favorecer a Se realizarán traballos grupais e individuais.
  2. A segunda parte estará dedicada a traballar improvisacións plantexadas desde diferentes puntos de Tanto a profesora como o alumnado aportarán ideas e propostas para realizar estas improvisacións.

Todos os alumnos y alumnas deben traer:

Roupa    de    traballo    cómoda:    mallas,   chándal    ou    similares,   zapatillas              flexibles          ou             calcetíns antirrescorregadizos. Unha máscara posta e outra de reposto

DOCENTE

Noa Covelo

Licenciada en Arte Dramático na especialidade de Interpretación xestual.

Noa Covelo, licenciada en Arte Dramática na especialidade de Interpretación xestual, comeza o seu desenvolvemento profesional coa xira galega do espectáculo musical As Andanzas de Paio, que compaxina coa docencia en danza infantil. Aproveita a oportunidade de crear un espectáculo para o seu proxecto final de carreira que despega ao ano seguinte coa coprodución do Centro Dramatico Galego e Butacazero, #CAMIÑOS que vira por toda Galicia. Durante esta segunda xira, chégalle un papel para a película Maria Solinha de Ignacio Vilar e realiza outros proxectos audiovisuais como anuncios e videoclips.
En 2018 únese á compañía de teatro contemporáneo Inherente, coa que realiza espectaculos performáticos e de teatro físico, é o seu lugar de experimentación e renovación artística actual, en 2019 producen O rapto de Proserpina e Velliñas, actualmente en xira.
No ámbito da docencia continua impartindo danza e teatro para todas as idades en diferentes espazos. A súa paixón polo teatro como pola docencia marcan a súa carreira profesional e persoal.

COMPARTIR É VIVIR!

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin

CURSOS RELACIONADOS

CURSO PRESENCIAL

FORMACIÓN TEATRAL PARA NENOS E NENAS

Nesta formación, proporcionamos recursos interpretativos centrándonos no desenvolvemento da expresión dunha maneira activa e dinámica, potenciando a sensibilidade, as posibilidades creativas e a capacidade de descubrirse a si mesmo, para expresarse con espontaneidade e plenitude.

Ler Máis >>

E quizá pódeche interesar

CURSO ONLINE

CURSO DE DEBUXO DE FUNKO NAVIDEÑO

Este curso está especialmente deseñado para que os máis pequenos tamén poidan introducirse neste mundo máxico, desfrutalo, usar a súa imaxinación e á vez, aprender a desenvolver as súas aptitudes artísticas. E aínda máis importante: non necesitan saber debuxar, só é necesario ter ganas de divertirse.

Ler Máis >>

INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA ARTÍSTICA

O curso ten como obxectivo xeral capacitar ao alumno para realizar tomas fotográficas dixitais, entender o proceso fotográfico e realizar prácticas en diferentes temas fotográficos, así como a iniciación na aprendizaxe da linguaxe visual, adentrándose no estudo dos grandes mestres da fotografía.

Ler Máis >>

Gracias por tu interés

Te responderemos a la mayor brevedad.

Y solo usaremos tus datos para atender a tu solicitud de información, pero si te interesan nuestras actividades y quieres mantener el contacto, puedes suscribirte al boletín.

Hasta pronto!